lunes, diciembre 24, 2012

ESTEIRANA 1 - S.D. SOFAN 1

Partidazo no Jose Luis Vara de Esteiro. Diante de cerca de 200 afeccionados, a Sd e o cadro local depararon un gran espectaculo que acabou en taboas. Pena que se escapara unha merecida victoria ó cadro de Pablo Mallon, pero a calidade dos homes de ataque do lider non permitiu tal cousa. Ambos equipos empregaronse a fondo, demostraron o porque da sua posicion na taboa, e protagonizaron un choque a cara de can dos que da gusto presenciar.

ESTEIRANA - Beni, Roi, Simon, Dani Rama, Suizo, Pepiño - Uru 80´-, Pablo Serrano, Adelino - Cajulo 61´-, Alex, Roberto Pladur e Kike.

S.D. SOFAN - Bugy, Carlos Lista, Diego - Marcos Pensado 77´-, Juanjo, Gustavo, Michel, Eloy Cabeza, Ivan Rey, Pikas - Ivan Rojo 59´-, Abel - Santi 70´- e Edu - Alberto Pensado 70´-

Foron expulsados Roberto Pladur e Alberto Pensado nunha tangana final producida por unha agresion de Pladur ó meta visitante Bugy. A auga non chegou o rio e ambos equipos retiraronse co recoñecemento mutuo de ter xogado un gran partido.

GOLES -
0-1 84´ Corner que remata Pensado á cruceta, o rexeite colleo Lista, e envia o balon o fondo das mallas.

1-1 91´ Centro o segundo pao que remata Kike libre de marca cruzando o balon de certeiro cabezazo.

Iniciouse a contenda cun gran respeto mutuo. Ambos equipos sabian do potencial do rival. A Sd tiña moi claro que armas habia que usar para tapar as acometidas locais, e despois de 10 minutos nos que tardou en asentarse no campo, tomou o mando da situación. Antes tivo Alex unha boa ocasion para a Esteirana, á que respondeu Eloy cun lanzamento lonxano alto. Endureceuse algo o partido cun par de friccions entre Simon e Abel, e a Sd tiña o balón no seu poder, pero as contras locais eran moi perigosas. Un remate de Pladur saiu cruzado. No ultimo tramo do primeiro acto tivo a Sd tres claras ocasións: unha falta de Michel lambiu o longueiro, unha cesion de Simon dende o mediocampo a piques estivo de colarse na meta local, e na mellor xogada deste tempo un centro de Pikas rematouno Eloy de gran volea non entrando a gol de milagro. Antes do descanso unha falta lanzada por Kike sembrou o panico pero o balon rexeitouno a defensa visitante.

O segundo tempo foi trepidante. Os locais sairon moi enchufados e encerraron a Sd durante un cuarto de hora. A defensa visitante aguantou como puido as acometidas de Paluca, Pladur e compañia. Pero os cambios de Mallon surtiron o efecto desexado. Santi en punta foi un quebradero de cabeza, e Pensado e Rojo puxeron temple no mediocampo. Tras un toma e daca moi intenso chegou o apaixoante rush final. O gol visitante foi seguido dunha clara doble ocasión para sentenciar de Ivan Rey e SAnti. A Esteirana atacaba con todo, pero Bugy e a defensa mostrabanse moi seguros, ata a xogada do empate. O delirio na bancada local presaxiaba minutos de sufrimento, pois o desconto foi longo, pero coa tangana final rematou un precioso partido de futbol.



Fin a primeira volta da competicion, na que a Sd remata 4º, a pesar da sua irregularidade. A segunda volta presaxia emocions fortes.