miércoles, febrero 20, 2013

S.D. SOFAN 0 - CABANA 1

Un dia mais a falta de acerto da Sd de cara a gol condenounos a unha derrota no campo das Eiroas, a todas luces inmerecida. Un gol de Ivan de Treos cando o partido esmorecia doulle os puntos a un disciplinado Cabana, que xogou como a ocasión o requería, con intensidade, defendendo a alto nivel e tentando aproveitar as suas contras. A Sd para mais inri marrou unha pena máxima, pero isto xa é historia.

S.D. SOFÁN: Dani, Cantudo (Jacobo, min.61), Lista, Juanjo, Diego, Edu (Iván Rey, min.56), Míchel, Eloy Boedo, Iván Rojo (David Pensado, min.78), Eloy Cabeza e Santi (Suso Docampo, min.66).

CABANA: Añón, José, Marcos, Ismael, Eloy (Moreno, min.61), Rubén Rama, Manolo do Cruceiro (Adrián, min.76), Iván de Treos, Dani (Fernando, min.70), Iván e Berti.

Gol: 0-1, min.89. Corner a favor dos locais, que despexa a defensa do Cabana, saindo nunha contra fugurante que remata con disparo de Fernando, Dani rexeita en primeira instancia, pero non pode evitar que o posterior disparo de Iván de Treos, que chegaba en carreira entre na porteria tras bater no longueiro.

Expulsión: o visitante Iván no min.85

Partido intensisimo o vivido en Carballo. A un periodo inicial de dominio visitante e desconcerto local, no que os xogadores de Periscal lanzaron varios corners e acosaron a meta de Dani, pasouse a uns intres de bo xogo da Sd. Cando Eloy e Ivan Rojo, sobre todo este ultimo, atoparon os camiños no centro do campo o futbol aumentou ostensiblemente de calidade. O extremo dereito sofanista Rojo foi un pesadelo para a defensa local. Suas foron as mellores xogadas e creou un par de ocasións para Santi que o dianteiro non foi quen de concretar. O propio Santi plantouse solo diante de Añon, pero o meta, o mellor dos seus, arrebatoulle o balon cando ia ser regateado e o gol xa se cantaba. Chegouse o descanso coa sensacion de que a Sd, unha vez mais estaba negada de cara a gol.


Cos cambios no segundo tempo aumentou a intensidade do xogo, pero perdeuse en precisión. O Sofan mostrouse como un equipo precipitado e que non atopaba os camiños cara a meta visitante. Ainda así, tivo Eloy unha ocasión clarisima, que un defensa local sacou baixo paos. Pero a mais clara foi un discutido penalti por empurron a Lista que Añon detivo a Michel. A partir de ahi o acoso da Sd foi a desesperada e o Cabana lanzaba perigosas contras. En unha destas, co tempo casi cumprido chegou o gol visitante ante o delirio da sua afección. Segueu remando a Sd, pero non era a sua tarde, sen dúbida.