lunes, diciembre 17, 2012

S.D. SOFAN 2 - C.D. BAIO 3

Partidazo no Carral. Cerca de 200 espectadores presenciaron un gran encontro, a pesar do estado do terreo de xogo, afectado polo temporal de auga destes ultimos dias. Os contendentes entregaronse ó límite e ofreceron un espectaculo cheo de alternancia no marcador, emocion ata o ultimo minuto e deportividade. E foi un rapaz chamado a grandes cousas no futbol costeiro, MC, o que decidiu o partido. O veloz extremo baies dou un recital de futbol e demostrou que haberá que seguilo moi de cerca nos proximos anos.

S.D. SOFAN - Bugy, Lista, Marcos Pensado - Jacobo 71´-, Juanjo, Gustavo, Eloy Boedo, Michel - Pensado 80´-, Eloy Cabeza, Edu - Santi 71´-, Abel e Ivan Rey - Pikas 88´-.

C.D. BAIO - Anxo, Chema, Jose Antonio, Mario, Ramon, Iago, Eloy, Martin, Rubio, Pablo e MC.

GOLES -
0-1 7´ Granxogada de MC pola liña de fondo, da o pase da morte e Martin chegando dende atras bate a Bugy.
1-1 43´ Falta botada por Marcos Pensado que bate nun defensa e introducese na porta visitante.
1-2 58´ Gran xogada individual de MC que tras driblar a un par de defensas engancha un remate imparable.
2-2 75´ Erro da defensa baiesa, o balon caelle a Abel que engancha unha volea que se introduce mansamente na porta de Anxo.
2-3 87´ MC vaise por banda, cede o balon atras e un dianteiro baies engancha un trallazo que se cola pola escadra da porteria local.

Saiu o Baio dende o inicio a polo partido e atopouse cun tempraneiro gol, que fixo cambiar os seus plantexamentos. Buscando a contra, con Martin servindo balons ó pesadelo MC, crearonlle perigo inicialmente a defensa sofanista. Foi collendo o pulso o cadro local o partido, e con Michel e Boedo facendose co centro do campo, e Eloy cabeza ensaiando o disparo dende fora da area. Un deses lanzamendos lambiu a escadra da porta de Anxo. Reclamouse un claro penalti a Edu na area visitante, pero o arbitro pasouno por alto. O partido era moi intenso, e Bugy luciuse a un gran disparo de MC, que seguia facendo das suas. A pouco do descanso, o acoso da Sd ten o seu froito nunha falta lanzada por Marcos. Xusto empate e os equipos os vestiarios a sacarse o barro de enriba.

O segundo tempo foi unha loteria. Puido caer o partido para calquera lado. Golpeou primeiro o Baio. A Sd veuse arriba pero parecian os homes de Mallon sen forzas polo gran desgaste fisico realizado. A balon parado encerrou a Sd o Baio, que se defendeu ben. O cambio obrigado de Martin baixou potencial os baieses, que por momentos perderon o norte e aproveitouno Abel para empatar. Vislumbrabase unha nova remontada no Carral, pero a realidade é que a gasolina da Sd acabouse, e foi o Baio en varias contras o que rondou a meta dun inspirado Bugy, Primeiro un gran disparo de Eloy que saiu a un centimetro da escadra e logo unha falta de MC que sacou o meta local, foron o preludio do mazazo final e do delirio Baies.

 

 
Demostraron os dous equipos o por que da sua posicion na taboa. A Sd xa pensa no partido que cerrará a primeira volta, en Esteiro, contra o absoluto lider da competición. Unha nova proba de fogo para os de Pablo Mallon.