Nova frustrante igualada da Sd, que marrou un penalti e viu como lle anulaban outro gol, e van...
Gran ambiente como sempre en Miraflores, partido disputado de poder a poder.
1-1, min.70: Cantudo, de gran dispado dende fora da area.
Bo partido o visto en Miraflores entre a SD e un Volantes con máis porder na ofensiva dende a chegada do goleador Chenel. Toma e daca constante, con dous equipos moi fortes, pero que saben tocar. Saiu moi forte o equipo local, sempre empurrado pola animosa afección local, a cal animou o seu equipo durante os 90 minutos sen descanso. Os homes de ataque do equipo muradán daban sensación de perigo cando se acercaban, sobretodo o tridente formado por Brais, Seluco e Chenel, ainda así os sofanistas sacaban perigosas contras tendo Santi e Iván Rojo boas ocasións de gol. A Partir da media hora, cando a SD parecía controlar o tempo do partido, chegou o mazazo en feito de gol. Un balón perdido en mediocampo, chega a Seluco o cal conduce con velocidade recorta a Juanjo o borde da área, e ca sua perna mala, a dereita, coloca o balón fora do alcance de Dani, que nada pode facer ante o golazo do muradán.
A segunda parte foi dos visitantes, tentando en todo momento darlle a volta o marcador e así atacaron sen descanso a meta defendida por Rubén Santos. Froito deste acoso chegou un balón en longo o incorporado Abel, o cal sufre o inocente penalti da defensa local. Unha semana máis os sofanistas seguen co seu mal fario, pois Edu era incapaz de materializar esta pena máxima, mandando o balón fora da portería do equipo de Baño. Posteriormente foi anulado un gol a Pensado por fora de xogo moi dubidoso cando rematou un centro de Míchel dende a dereita. Cos sofanistas volcados e tomando riscos, cabe salientar unha inmellorable ocasión de Seluco que só ante Dani manda a vaselina alta. Xa contra o final un balon rexeitado o borde da áera é engatillado polo "killer" Cantudo, facendo inútil a estirada do gardamallas local. Gran gol do lateral e moi celebrado polos seus compañeioros polo enorme aprecio que desperta entre todos. A partir de ahí a SD seguiuno intentando pero co empate se chegou o final dos 90 minutos
Segue a SD ofuscada de cara a porta e a facildade goleadora da que dispoñía na primeira volta parece que lle dou a espalda por completo os rapaces de Pablo Mallón