martes, mayo 28, 2013

O Dumbría unha vez mais, rival en Cuartos de final da Copa da Costa.

Cíclica é a historia do fútbol. E parece que Dumbria e Sd Sofán están destinados a atoparse no torneo copeiro. Por terceira vez en catro anos os dous equipos enfrontaranse, esta vez en cuartos de final, pois as duas ocasións anteriores fixérano en oitavos.

Recordamos hoxe a lonxana eliminatoria do ano 2010. No partido de ida o Dumbria venceu por 2-0, nun precioso encontro no que a sorte esquivou os homes adestrados por David Baña por aqueles tempos. A falta de 2 minutos e co marcador 1-0, a Sd marrou un penalti, e na seguinte xogada outro penalti pero na area contraria foi transformado por Adrian Mackay. Ainda así pensabase na remontada na bombonera do Carral, pero a pesar de que a Sd xogou un gran partido a categoría de equipazo que tiña o Dumbria impúxose por 2 tantos a 3. Ese ano os de Floreal foron campions da Copa.

Poucos homes dos que vemos nas fotos saltarán ó campo o domingo a partir das 6 da tarde. Por parte da Sd unicamente Juanjo, pois Pensado e Eloy son baixa, e no equipo dumbriés Purrua, Aaron Lopez, Piri, Tantan ou Iago pode que formen no once inicial de Canosa.


Aqui deixamos a crónica de aquel partido disputado no campo do Carral:


A SD está eliminada da Copa da Costa. É un feito despois dunha intensa eliminatoria culminada na tarde de onte nun gran encontro. Baixo un sol abrasador, uns 250 espectadores viron a dous equipos que ofreceron o mellor de si mesmos. Bo fútbol, goles, polémica e un xusto vencedor, o Dumbria, que hoxe por hoxe é un dos mellores conxuntos dos ultimos anos na liga da Costa. Ambas afeccions despediron con unha cerrada ovacións os dous conxuntos. 
S.D. SOFAN - José R., Roberto Souto, Miniño Juanjo, Pensado, Mario, Alemán, Adrián (Jacobo, min.55), Eloi, Berti (Diego, min.60), Bertín (Suso Docampo, min.55).
DUMBRIA C.F. - Juan Purrúa, Tantán, Iván Pequeño, Nico, Rubén, Angeliño (Guardiola, min.60), Aarón, Iago, Mackay (Jesús, min.70), Brais (Fer, min.65), Piri (David Carreira, min.35).

Goles: 0-1, min.8: Mackay aproveita o desconcerto da defensa local unha vez que o árbitro asistente levanta o banderín pero o colexiado deixa seguir e o dumbriés remata a gol;
1-1, min.47: Berti remata un centro atrás de Eloy tras unha boa xogada persoal deste por banda; 1-2, min.52: Mackay remata na liña de gol tras un toque de cabeza a unha falta colgada por Nico 1-3, min.70: Mackay de cabeza tras un córner que peina Aarón;
2-3, min.73: Eloy dende a frontal.
 
Expulsión: Rubén, min.40.
Saiu a SD a por todas, tendo a primeira ocasión do encontro nunha falta que lanzou Eloy alta. Pero a xogada clave do encontro produciuse cedo. Un fora de xogo que sinala o linea no ataque dumbries non é ratificado polo colexiado principal. A defensa da SD desconcertase e cando van a sacar o fora de xogo Adrian Mackay aproveita e marca. A polemica estaba servida. Os animos caldearonse e a SD poñiaselle a remontada case imposible. Os sofanistas, espoleados por unha grada que non deixou de animar, atacaron con impetu pero non tiveron sorte de cara a gol. Mario rematou frouxo na area pequena. Miniño disparou de volea pero ahi estaba un gran Juan Purrua mostrando a sua categoria. O Dumbria expoñia todos os seus argumentos pero as defensas gañaban a partida ós ataques. Ivan Pequeño xogando de central era un valladar, e no outro lado a liña defensiva da SD rallaba a gran altura. Berti pelexou moi ben en punta pero diate habia un equipo moi experimentado e dificil de superar. A expulsion de Ruben a pouco do descanso parecia dar aire ó conxunto local, que realizara un gran despliegue fisico e emocional no primeiro acto.

A rabia toda e a emoción da eliminatoria concentrouse no primeiro cuarto de hora do segundo tempo. A SD atopou o camiño, Eloy fixolle un traxe a Nico e serviu para que Berti levantara ó graderio cun golazo. Parecia que o miragre era posible. Chegaron as ocasións en marea. Mario estrelou un balon no longueiro, e Eloy marrou outra clarisima ocasión. Cando a SD bordaba o futbol chegou o gol que matou a eliminatoria. O tocado polos deuses Adrian Mackay aproveitaba unha cesion de Aaron para finiquitar a situación. Ainda con todo a SD non aminorou o ritmo, seguiu acosando, ante un Dumbria que buscaba a contra e mostraba a sua calidade en cada accion. O publico disfrutou de media hora de bo futbol de unha eliminatoria que chegou demasiado cedo nesta Copa da Costa. Adrian e Suso tiveron claras ocasións para reducir diferencias, pero foi Eloy o que marcou o definitivo 2-3.
Non mereceu a SD as duas derrotas infrinxidas polo Dumbria, pero queda claro que os Iago, Angeliño, Pequeño, Purrua, Aaron, Adrian, Piri e cia son o equipo referencia na costa agora mesmo. Vaise da copa a SD e cerra unha gran tempada, que rematou co 3º posto ligueiro e esta gran eliminatoria copeira