domingo, mayo 05, 2013

C.D. BAIO 0 - S.D. SOFAN 0

Igualou a Sd na soleada tarde de hoxe nun campo Platas Reinoso que presentaba unha gran entrada de afeccionados, que esperaban ver triunfar ó seu equipo pero que se contentaron con un xusto empate que fai que os baieses disputen a promoción de ascenso a 1ª autonómica. Con este resultado, a Esteirana proclamouse campión de liga a falta dunha xornada.

BAIO - Anxo, Jose Antonio, Iago, Mario, Ramon, Norberto, Martin, Eloy Vilas, Rubio, Cristian e Alberto.

S.D. SOFAN - Bugy, Cantudo - Pensado 65´-, Marcos, Lista, Juanjo, Michel, Eloy Boedo, Pikas - Rojo 55´-, Ivan Rey, Suso - Jacobo 65´- e Santi - Abel 60´-

Foi expulsado o gardamenta local cando faltaban 10 minutos para o remate do partido por tocar o balón coas mans fora da area.

Partido moi tenso ainda que deportivo dende o inicio. A Sd foi a facer o seu encontro, serio e saindo á contra. Os locais acusaron a baixa de Martin MC, e apenas tiveron profundidade no primeiro tempo. A primeira ocasión foi da Sd, pero o disparo de Suso saiu alto. O Baio tentabao dende lonxe, sobre todo por mediación do seu capitan Martin, pero Bugy non pasou grandes apuros. Notabase que os talentosos rapaces baieses lles estaba podendo a importancia do choque.

No segundo tempo rompeuse algo o aburrimento inicial, e ambos equipos deron mais de si. O Baio, sabedor da victoria da Esteirana, atacou con mais impetu. A mellor ocasión tivoa Rubio nun disparo dende fora da area, pero a verdade é que a Sd estivo moi seria, e xogou francamente ben neste acto, saindo á contra, dominando o xogo por momentos, e creando ocasións. Tivo unha boa Ivan Rey, e pouco despois o colexiado anulou un golazo a Ivan Rojo por supostas manos. Jacobo probou ó cancerbeiro local nunha falta, e Abel co partido casi finiquitado lanzou un gran disparo dende o centro do campo que bateu no pao da meta local.

Nun ambiente de gran deportividade retiraronse os equipos os vestiarios sabedores da xustiza do resultado final.