jueves, mayo 02, 2013

Copa da Costa, 16º de final. ESTEIRANA 0 - S.D. SOFAN 4

Eliminou a Sd ó lider da liga da Costa no torneo copeiro, ganandolle con contundencia a domicilio na tarde de onte, ante uns 150 espectadores que viron resignados a superioridade visitante. A Esteirana reservou ós seus mellores homes para o torneo ligueiro no que se están a xogar tanto, e non tivo ningunha opción ante un equipo carballés moi serio.

ESTEIRANA - Marcos - Manuel 46´-, Roi Choqueiro, Alberto - Rafa 80´-, Pablo Serrano, Jose Varela, Picho, Eloy Serrano, Andel - Josiño 60´-, Pablo, Cajulo - Adrian 60´- e Bruno.

S.D. SOFAN - Dani - Bugy 75´-, Cantudo, Marcos Pensado, Juanjo, Lista - Alberto Pensado 55´-, Michel - Pikas 46´-, Eloy Boedo, Ivan Rey, Ivan Rojo, Suso Docampo - Jacobo 55´- e Santi.

Goles:
0-1 23´ Suso aproveita un barullo na area para anotar.
0-2 31´ Santi gana en velocidade á defensa e bate ó meta local na sua saida.
0-3 41´ Santi novamente explota a sua velocidade e acerta a meter a punteira para anotar.
0-4 65´ Eloy Boedo de cabeza.

Dende o inicio daba a sensación de que todo dependia de canto tardara a Sd en anotar o primeiro tanto. Dominando o xogo con solvencia, Ivan Rojo tivo as primeiras ocasións. O rapaz estivo moi incisivo na sua reaparición tras un mes de baixa. Santi e Ivan Rey estrelaron dous balóns nos paos da porteria local antes do gol de Suso, que foi o que abriu a lata. Tras este tanto a superioridade visitante quedou demostrada, e antes do descanso os de Mallon sentenciaron a eliminatoria. A Esteirana, con moita xuventude nas suas filas, tentouno con tesón pero a liña de retaguardia da Sd estivo moi seria e Dani apenas pasou por apuros.

O segundo tempo foi mais un trámite que outra cousa. Boedo estrelou outro balón no pao antes de anotar o cuarto tanto. De ahi o final o partido foi esmorecendo sin apenas novedades, cos dous equipos dedicandose a tentar divertir os espectadores, dentro dunha deportividade total.

Espera agora en 8º de final o Carnota de Cambeiro e do ex sofanista Luis de la Peña. No torneo ligueiro a Sd perdeu 3-0 en Lombans, e venceu 2-0 no campo do Carral. o 19 e o 26 de maio son as datas para a resolucion desta eliminatoria.