Un pouco destemplados entraron os xogadores da Sd, presas mentalmente das circunstancias, e sen a concentracion e agresividade necesarias para derrotar os aguerridos equipos de Cambeiro. Jacobo e Rodri dominaban o centro do campo e lanzaban bos balóns para as puntas locais, pero hoxe, ó contrario que no partido ligueiro, a liña defensiva contivo ben os arreons iniciais dos carnotáns. E case na primeira vez que se acercaron os de Mallon á area de Luis anotou Abel nunha xogada a balón parado. Este gol dou tranquilidade á Sd, que sen xogar o seu mellor fútbol foi quen de controlar o partido e non pasar apuros ata o descanso. O equipo local, voluntarioso, notaba a falta de algo de polvora e mordente no seu ataque.
O segundo tempo discurriu por derroteiros parecidos ata os cambios. O CArnota achuchou de inicio pero Dani e a liña defensiva desbarataron todas as posibilidades dos blanquiazuis. A saida de homes de refresco dou novos brios á Sd, que tivo boas ocasións para deixar a eliminatoria vista para sentencia. Un bo pase de Michel rematouno Abel a boca de xerro pero Luis sacou o pe maxistralmente desviando a ocasión. Respondeu o Carnota cunha boa ocasión a cabezazo de Jacobo, un dos destacados dos locais, pero Dani detivo ben. A saida de Manoliño fixo que a sensación de perigo fose maior, pero so con disparos lonxanos e desacertados inquedou o Carnota a Dani. O gol de Santi nunha contra deixou o partido sentenciado, e o propio xogador puido cerrar a eliminatoria nunha contra que Luis detivo de maneira milagrosa.
Haberá que pelear duro no Carral, pero trouxo a Sd un bo resultado dun campo case sempre maldito para os seus intereses.