miércoles, mayo 29, 2013

Iago Castro analiza a eliminatoria de cuartos.

Xa camiño de convertirse nun mito do fútbol costeiro, o ceense Iago, todocampista do Dumbria e xogador referencia deste equipo dende fai moitos anos, contestanos a unhas preguntiñas mentras vela armas antes do encontro do domingo no campo do Carral.

1. Unha vez mais, un Sofan - Dumbria na copa da Costa. ¿que Sofán esperades atoparvos este ano?

Esperamos o mellor Sofán posible, un equipo que sobre todo no seu campo póranos as cousas moi dificiles como nos anos anteriores. Supoño que este ano terannos moitas ganas de gañar e faredes todo o posible para ir con un bo marcador a Dumbría.


2. ¿que recordos gardas das eliminatorias dos anos anteriores, das que tanto se está a falar estos dias?

Os anos anteriores recordo que foron moi bos partidos e moi duros para nós e que deixaron un bo recordo do Sofán aqui en Dumbría ( co fichaje de Eloy). Na eliminatoria do ano pasado o Sofán foi mellor equipo en Dumbría e mereceu un mellor resultado para o partido de volta e no partido de volta tuvemos que sufrir ainda xogando vos cun home menos e con Miniño de porteiro creo recordar.

E na anterior eliminatoria mais do mesmo decidiuse moito o noso favor por pequenos detalles ( o gol raro de Makay jaja) e por estar mais acertados cara portería.


3. ¿como afronta o voso equipo esta eliminatoria?

O noso equipo afronta a eliminatoria con esperanza de pasar eliminatoria e con mais ganas, cada vez que vas pasando de ronda e se acercan os partidos mais bonitos da competición copeira pero sabendo que non estamos xogando ben, que vimos dunha temporada larga e unha mala racha en Preferente e que non e tan fácil cambiar esa dinámica de xogo nesta copa.

Hasta ahora vamos pasando eliminatorias máis porque estamos o mellor mais acostumbrados a competir a un nivel máis alto que polo noso xogo o porque foramos mellores co rival.



4. ¿para cando a retirada? xa levas mil anos sendo unha referencia no futbol costeiro, ¿queda Iago para rato?

Espero que a retirada tarde un pouquiño, cos anos estou disfrutando cada vez máis debe de ser que esta chegando jajaja. Cada vez costa máis, un coidase máis que cando era novo pero as recuperacións dos partidos e dos golpes son máis largas. Pero gústame xogar o fútbol e mentras poda competir o nivel dos rapaces que veñen con forza seguirei, sei que habrá un momento no que xoge menos e que teña que axudar doutra maneira pero por ahora vou a seguir dando guerra.

Por último quero enviar un abrazo e un saúdo a toda a familia do Sofán.