viernes, mayo 31, 2013

Eloy motiva os seus compañeiros dende Londres.

O rubio do Monte, Eloy Cabeza, resposta a un par de preguntas ante un encontro moi especial para el, o que o domingo enfrontará os dous equipos da súa vida no campo do Carral. As súas emotivas palabras seguro que motivan ó plantel sofanista. Non pode faltar un recordo ó seu tío José, tío tamen de nos todos, e que está moi presente en todos os nosos pensamentos.

1. Unha vez mais o dumbria visita o carral na copa da costa ¿ tes o corazon dividido?

Pois a verdad é que si,non me gusta que se enfrenten entre sí porque dos dous equipos gardo do mellor que se pode sacar do futbol que son os amigos. En Dumbría pasei dous anos increibles que tanto a nivel deportivo, polo ascenso, o ano de preferente e as participacions na copa da costa chegando un ano a final, como polo trato e bo ambiente que hai serán inolvidables.E sofán é a miña casa, as miñas raices e o lugar e equipo o que me unen moitos amigos e recordos ( como se nota a morriña do exilio...jajaj)
Pero bueno deseo que nesta ocasión sea o Sofán o que se leve a eliminatoria xa que o Dumbría xa ten varias copas e o equipo da miña terra tamen merece ese momento de gloria polo bo traballo realizado ultimamente.

 

2. ¿como se vive dende a distancia a proximidade da eliminatoria?

Pois é complicado porque o mono de fútbol que teño é considerable e gustariame estar ahi para poder xogar tamen...Pero bueno. gracias as redes sociales chegame algo a través dos comentarios de compañeiros do que pode ser o ambiente e ganas previas o partido e despois durante intentarei estar pendiente do facebook ou do whatsapp con alguen que estea vendo o partido desde fora.


3. ¿quereslle decir algo ós teus compañeiros, que tanto te van a botar de menos, especialmente neste partido?

Solo decirlles que non se desanimen se se ven por detrás na eliminatoria porque animos e ganas seguro que as teñen xa,e que son moi capaces de pasar a eliminatoria como xa se demostrou en anos anteriores.No aspecto táctico seguro que o mister Pablo xa tocará todos os puntos claves nunha ou en varias das suas largas ponencias ( é broma mister era o máis divertido do entrenamiento...jajaj)


4. ¿que recordos tes das duas anteriores eliminatorias?


Pois na primeira eliminatoria como non tiña ainda o vículo creado co Dumbría non foi moi especial ainda que a posteriori si que fora importante xa que me saliran bos partidos e fora a partir de ahi donde se interesaran en min. Afrontara o partido con ganas coma sempre e ainda que no marcador final non se aprecie houbo moita igualdad pero pecaramos de inexperiencia e eles con moita pegada arriba e sin fallar en momentos claves levaranse a eliminatoria.
Na segunda sí que foi unha das sensacions máis extrañas que tiven nun campo de fútbol, sobretodo no partido de volta no Carral. Enfrentábame na que fora a miña casa ós meus compañeiros e a que fora miña afición toda a vida.
E esta vez o Sofán dera un pasiño mais no que é xa un clásico copeiro,e utilizando todas as suas armas puxeranos realmente contra as cordas ainda que conseguiramos pasar a eliminatoria.
Ademáis dábase o curioso caso este ano que varios dos xogadores do Dumbría entranabamos un dia a semana co Sofán por motivos de desplazamento, o que facía de esto un añadido máis a especial relación que teñen estes dous clubes nos últimos anos.


Aproveito nesta entrevista para mandar un saludo da miña parte e de María, a todos os amigos que temos en Sofán e aparte dar as gracias a todo o equipo e afición por estar o lado da miña familia nun momento tan dificil como foi para nós o falecemento de esa gran persona que foi e será o meu Tio José. GRACIAS DE VERDAD!