domingo, mayo 26, 2013

Copa da Costa: S.D. SOFAN 3 - CARNOTA 1

Xa está a Sd en cuartos de final da copa, tras eliminar ó Carnota por un tanteo global de 5 a 1. Na tarde de hoxe, diante duns 150 afeccionados, a Sd gañou con suficiencia. Xa no primeiro tempo a eliminatoria estaba sentenciada, e o segundo acto foi un mero trámite. Nun partido moi deportivo, o Carnota sufriu duas rigorosas expulsions nos minutos finais, ambas por protestar decisións dos colexiados.

S.D. SOFAN - Bugy - Dani 75´-, Cantudo, Marcos Pensado, Carlos Lista, Gustavo, Eloy Boedo, Michel - Jacobo 55´-, Ivan Rey, Ivan Rojo, Suso Docampo - Pikas 55´- e Abel - Santi 60´-

CARNOTA - Luis de la Peña, Boni, Tono, Pedro, Manolo Chouza, Rodri, Nakata, Pumuky, Buonanotte, Adrian e Manuel Luis.

GOLES:
1-0 5´ Centro de Suso Docampo tras un rexeite nun corner, e Gustavo abre o marcador cun bo remate dentro da area.
2-0 17´ Contra do equipo local levada por Ivan Rojo, que cede o balón a Suso Docampo, este dribla a Pedro e bate a Luis na sua saida.
2-1 35´ Balón roubado por Rodri na liña media da Sd, o 10 carnotán avanza uns metros e engancha unha volea ante a que nada pode facer Bugy.
3-1 43´ Penalti a Ivan Rey que Cantudo convirte no resultado definitivo.

Pronto encarrilou a Sd o encontro, con dous rapidos tantos no primeiro cuarto de hora. Xogaba ben o equipo local, buscando balóns en profundidade a Suso e a Abel, e combinando nas bandas cos dous Ivans inspirados. Luis tivo que emplearse a fondo en varios disparos lonxanos, e mesmo se anulou un tanto a Abel por un inexistente fora de xogo. A pesar do tanto visitante, nunca peligrou a eliminatoria. O terceiro tanto deixaba o encontro visto para sentencia.

O segundo tempo foi un tramite, cun equipo local que fallou innumerables ocasións e mesmo se lle anulou un gol a Jacobo. Os centrocampistas locais estiveron francamente ben e dominaron o xogo, e se non houbo mais goles foi pola falta de pericia dos dianteiros da Sd, e de un par de mans de Luis, sobre todo unha a Santi, que xa se cantaba como gol. As incomprensibles expulsions non empañaron un partido que xa viña encarrilado dende o resultado do partido de ida.

Agora, unha vez mais, o coco dumbriés visitará o Carral en eliminatoria de Copa. Nin David Baña nin Vicente Garcia puideron co xigante blanco. ¿Será Pablo Mallon o que leve a Sd as semifinais? A primeira batalla o domingo que ven en Sofan a partires das 6 da tarde.