miércoles, noviembre 25, 2009

GALA DO DEPORTE RADIO NORDES - A S.D. MELLOR DIRECTIVA DA COSTA

Recibiu o premio á mellor directiva da Costa a SD Sofán na gala celebrada o sábado de noite na Casa da Cultura de Vimianzo. Foi o presidente Liso Docampo quen subiu a recoller o galardón, pronunciando as proféticas palabras "... a ver si para o ano podemos repetir...". O mérito do premio é grande, pois os outros dous nominados, Cabana e Ponteceso, fixeron méritos sobrados para recibilo. En realidade, hai que decir que calquera das directivas que traballan a estes niveles do deporte modesto teñen un mérito tremendo, e realizan unha labor que non é nada recoñecida pero que resulta vital para que a xente xoven practique deporte.

A Gala foi moi visitosa, coa participación estelar do acordeonista Manolo de Fornís, que dou un autentico recital co seu instrumento. Joseba Larrañaga, subdirector do Larguero da Cadena Ser, deixou a todos os presentes abraiados co seu casi perfecto galego, e Manolín pronunciou uns versos de Luis Cernuda para animar a velada. Outros premiados a nivel futbolístico. foron Vituco (mellor xogador), Javier Bardanca (mellor adestrador), e Ponteceso (mellor equipo).