lunes, diciembre 28, 2009

DIMITE O PRESIDENTE LISO DOCAMPO

O mítico dirixente sofanista, Eliseo Docampo Suarez, presentou a súa irrevocable dimisión na mañan de hoxe nas oficinas do clube ante a súa xunta directiva. Os motivos esgrimidos parece que teñen que ver coa chegada dun grupo inversor ó clube, encabezado pola coñecida empresa de arquitectura e construcción ATRIO PROYECTOS INTEGRALES, que está decidida a levar ó equipo ás mais altas cotas poñendo unhas cuantiosas sumas de diñeiro sobre a mesa.

A insobornable defensa do deporte amateur encabezada por Liso Docampo choca frontalmente con estas premisas, polo que o dirixente decidiu irse para a casa, non sen antes deixar un par de recados para os presumibles novos mandatarios, mentando a anxos e demos, nais e pais, e santos diversos.

Os rumores que circulan situan ó capitán Juanjo Arijón como presidente títere deste grupo de empresarios, co cal o bravo central colgaría as botas, que xa vai na hora. Están por ver as cualidades de Juanjo como director de orquesta, ainda que sonan nomes para ocupar sitio no Carral como os de David Baneira, Padín, Manín ou Guillermo Rilo, que parece ser xa contan con astronómicas ofertas enriba da mesa. O posto de David Baña como adestrador non está moi seguro tampouco, pois parece ser que Juanjo foi visto nun coñecido bar carballés nunha animada reunión con Javier Manjarín, que como todo o mundo sabe está casado cunha rapaza oriunda da parroquia de Sofán. No mesmo caso está Tito Ramallo, non sei que tipo de cordas terán as de Sofan para atar a semejantes especímenes, pero o adestrador do Fabril non cedeu ás presións de Lendoiro para convertir á SD en filial deportivista.