viernes, octubre 09, 2009

O DERBI, O DOMINGO AS 16:30 HORAS NO CARRAL

Chega un ano mais o partido mais esperado para as parroquias veciñas de Sofan e Verdillo, o derbi entre a SD e o San Lorenzo. Os dous equipos chegan tras resultados positivos o fin de semana pasado e coas pilas cargadas para deparar un bo espectáculo os moitos afeccionados que a bo seguro se achegarán ó Carral.

A SD, tras a sufrida victoria en Fisterra, espera o derbi como un punto de partida para comezar a escalar posicións na taboa clasificatoria. Darase a especial circunstancia que non estará presente no partido o mister Baña, pois ese mesmo día contrae matrimonio a súa irman en Barcelona. A bo seguro que o telefono do mister botará chispas durante a ceremonia nupcial. Serán Miniño e Subiela os que dirixan ó equipo. No aspecto deportivo, a SD contará coas seguras baixas de Suso Docampo, operado no dia de hoxe do xeonllo, Carlos Tojeiro con problemas nun xeonllo, e Gustavo, todavía pendente de cumplir a sanción imposta polo clube. Son dúbidas Roberto Souto, cun pequeno esguince de nocello, Pizo con gripe, e Abel, ainda que parece que o de Pastoriza e o mediocentro carballes chegarán para a ineludible cita.

No bando verdilles parece que non vai xogar Carliños, e é dúbida Jorge Pichel. O xoven e talentoso equipo de Manuel ven nun momento doce, todavia invicto, e despois dun meritorio empate ante o lider. Os veteranos Puñal e Manin arroupan un conxunto de xente nova e que está comenzando a facer ver o que poden dar de si na liga da costa. Os Rudi, Styven, Javi Pensado e compañía teñen unha boa proba de fogo no Carral. Presentase apaixoante o derbi un ano mais.