
S.D. SOFAN - J.Ramon, Diego, Oscar Pardo, Gende, Juanjo, Alemán, Mario Casal, Eloy (Jacobo 58´), Abel (Manolo Varela 75´), Bertin (Berti 58´) e Adrian Garcia.
CORME - Suso, Martin, Adolfo, Lelo, Pandi, Rafa Valiña, Lucas (Benja 87´), Diego (Gonzalo 57´), Fus (Abel 57´), Martin Torrado (Alejo 57´) e Iago.
ARBITRO: Pardo Pose
GOLES.
1-0 15´Xogada de Eloy pola banda esquerda que remata Adrian Garcia no segundo pao á rede
3-0 37´Gran xogada de Eloy na frontal da area que lle serve en bandexa o balón a Bertin para que este marque a placer.
Saiu a SD con un ritmo endiablado, dominando o medio do campo e creando perigo en case todas as chegadas á area rival. Aleman, que completou un partidazo, e Mario roubaban infinitos balóns e servían os dianteiros. Bertin moveuse moi ben entre lineas e del sairon os mellores pases da tarde. Nunha asistencia do 9 Eloy quedou so ante Suso pero dou o pase antes de rematar e perdeuse a ocasión . O rubio xogador estivo moi fino e tanto el como Adrian foron un pesadelo entrando por bandas. Diego probou de longa distancia un par de veces pero non encontrou porta. O Corme so tiña o recurso de buscas a Iago en largo, pero a liña defensiva local mostrouse infranqueable, e para unha vez que foi superada, estaba ahí Jose R. para salvar o perigo. Os goles foron caendo e o público cansouse de aplaudir as boas xogadas trenzadas polo conxunto de Baña neste primeiro tempo.
O s
egundo foi un trámite, ainda que a SD fixo disfrutar á afección con un xogo veloz, vertical e por momentos preciosista. O Corme non foi capaz de crear perigo excepto nun disparo lonxano ó que respondeu Jose con un paradón. Alemán seguiu co seu particular recital, e Adrian demostrou que ten a lesión completamente olvidada. Berti tivo unha boa ocasión tras unha gran xogada de equipo pero o seu duro disparo saiu a rentes do pao.

Mantense a boa liña do equipo, ante as trascendentais xornadas que se acercan. Xa son 13 puntos dos últimos 15 posibles, e o domingo viaxaremos a Carnota para enfrontarnos ó Pindo tentando que siga a xeira.