lunes, octubre 12, 2009

S.D. SOFAN 1 - SAN LORENZO 1

Gran espectaculo o vivido no campo do Carral, nun derbi apaixoante, xogado de poder a poder e que rematou cun xusto reparto de puntos. Tivo o encontro todos os ingredientes dun gran partido de futbol, con un tremendo ambiente nas gradas con mais de 500 persoas vendo o espectaculo, dous equipos que pelexaron ata a extenuación sobre o magnifico tapete sofanista e sobre todo corrección e deportividade entre xogadores e afección.

S.D. SOFAN - Jose R., Juanjo, Diego, Gende, Manolo Varela ( Berti 60´), Aleman, Pensado (Abel 55´), Bertin, Eloy (Pizo 77´) Mario e Jacobo (Adrian 70´).

SAN LORENZO - Diego Dourado, Quillo, Sergio Fariña, Puñal, Rudi, Cachizo, Manin, Styven (Jorge Pichel 74´) Javi Pensado, Pablo e Marcos Cancela (Omar 72´)

ARBITRO: Romero Lago, que amonestou a Diego, Gende, Jacobo e Abel por parte local, e a Manin, Styven e Cancela por parte visitante. Expulsou do banquillo o porteiro suplente local Carlos Tojeiro no min. 70

GOLES:
0-1 52´pérdida de balon da defensa sofanista, Pablo centra e Cancela remata a placer dentro da area.

1-1 77´Deixada de Berti a Abel que empalma un tremendo trallazo que se cola a rentes do pao dereito de Diego Dourado.

O partido cumpliu todo o que prometia. Saiu o San Lorenzo moi enchufado e foi o dominador do primeiro acto. Creou perigo nas xogadas a balon parado e anulouselle un gol a Styven por dubidoso fora de xogo. Tivo outra gran ocasión Marcos Cancela pero a saida de Jose R. evitou o tanto. O equipo local, moi precipitado e sen encontrar ocos na ben pertrechada defensa visitante, so creou perigo en algun disparo lonxano, principalmente por medio de Pensado e Jacobo. Manin realizou un gran partido no centro do campo verdilles, contendo o ataque dos sofanistas, e toda a liña defensiva visitante tamen raiou a gran altura. O xogo endureceuse un pouco antes do descanso producto da tension do partido e do forte ritmo imposto por ambos equipos, que demostraron estar a un nivel físico alto.

No segundo tempo chegaron os goles. Nun erro defensivo local adiantouse o San Lorenzo. Nestes minutos de desconcerto os visitantes tiveron varias ocasións como un tiro de Styven que saiu rozando o pao e outro de Quillo ó que respondeu Jose R. cunha gran parada. Por terceira vez na tempada o cadro visitante adiantase no Carral. E tocaba remar contracorrente, cousa que fixo moi ben a SD, asumindo riscos cando os tiña que asumir, e completando unha ultima media hora que foi do mellor que se lles viu este ano. Pensado e Varela abandonaron o campo por sendas lesións, pasouse a xogar con defensa de tres, e a entrada de Abel, Pizo, Berti e Adrian dou a mordente necesaria. Chegaron as ocasións, a pesar de que os de Verdillo se defenderon moi ben. Abel plantouse so diante do gardameta e non foi quen de batelo. Bertin non acertou a rematar un gran pase de Mario no punto de penalti cando xa se cantaba o gol, e Adrian non conectou coa cabeza na area pequena un gran centro do propio Mario. Reclamaronse dous penaltis na area verdillesa, un bastante claro sobre Abel. Co empate parecia que os locais se ian levar o partido, pero Javi Pensado tivo unha clarisima ocasion a pouco do remate, ainda que Jose R. unha vez mais mostrou a sua sangue de horchata e detivo o man a man.

Xusto reparto de puntos nun partido dos que fan afección. Pareciu a de onte unha tarde das de antes, coas bancadas repletas e os equipos xogandose a vida no terreo de xogo