
MUROS: Lupi, Adan (Jaro 65´), Gabi (Martín 35´), Teo (Cerilla 81´), Gael, Varito, Brais (Gelo 65´), Bibi (Piti 35´), Pesco, Sexo, Seluco.
S.D. SOFAN: Jose R., Mario, Roberto Souto, Juanjo, Diego, Adrian Garcia (
Berti 75´), Aleman (Oscar Pardo 50´), Pizo, Abel (Gende 87´), Bertin, Jacobo (Eloy 70´)

ARBITRO: Hermo Alonso, que amonestou a Bibi e Martin por parte local, e a Mario, Oscar e Jose R. por parte visitante. Expulsou a Sexo no min. 78 por realizarlle observacións.
GOLES:
0-1 24´ Gran centro d
e Adrian dende a banda dereita que Teo introduce na sua propia porteria con mala fortuna

0-2 29´Balon longo de Abel á espalda da defensa e Bertin define con maestria ante Lupi.
1-2 79´Jaro revolvese na area e engancha un tremendo disparo ante o que nada pode facer Jose R.
1-3 89´Centro de Eloy con rosca ó segundo pao e Mario entrando dende atras marca de cabeza.
Saiu moi ben plantada a SD, defendendo con seguridade e contragolpeando con perigo. Jacobo, moi motivado to
da a tarde, enganchou un par de contras que a piques rematan en gol. Adrian e Abel fixeron un gran traballo en bandas, vaciandose en defensa e en ataque. O Muros buscaba a arma do balón parado, un dos seus puntos fortes, pero cando tivo a mais clara ocasión de marcar apareceu a man máxica de Jose R. para sacar un remate de Seluco dentro da area. O meta sofanista estivo de 10 toda a tarde, dando gran seguridade á liña defensiva. Juanjo cortaba todo coa sua solvencia habitual, e nun par de contras ben trenzadas a SD estaba 0-2 por diante ante a desesperación local. Felipe tentou variar o rumbo con un par de cambios antes do
descanso, pero foi Abel o que tivo a ocasión de sentenciar nunha gran contra na que cedeu o balón a Jacobo que a porta vacia non chegou por milimetros.


No segundo acto a SD enfriou o encontro con picardia, e os primeiros 20 minutos foron de control de balon muradán pero sen apenas profundidade. Tivo Piti unha boa ocasión nun remate de cabeza que se foi alto. A pesar da expulsion de Sexo o gol de Jaro auguraba un final de infarto pero Mario abotou as ilusións locais. Ainda antes Eloy pudo marcar pero o seu disparo dende o punto de penalti saiu a rentes do pao. Tivo Bertin a ocasión do cuarto gol, pero a súa vaselina ante Lupi quedouse corta. O dianteiro carballes completou un autentico partidazo, sendo un pesadelo para a defensa local.