lunes, diciembre 15, 2008

S.D. SOFAN 4 - PORTEÑO 0

Gran partido da S.D. na tarde de onte nun campo do Carral moi castigado polas condicións atmosféricas e que pedía un fútbol agresivo e de forza que practicou o equipo de David Baña á perfección. 150 persoas presenciaron o claro triunfo local.

S.D. SOFAN - J.R., Diego, Oscar(Victor Docampo m.60), Gende (Berti m.65), Gustavo, Juanjo, Abel, M.Varela, Eloy, Bertin e Suso Docampo (Adrian m.70)
PORTEÑO C.F. - Asiel, Manu, Rosquilleiro, Valeiro, Roberto(Chino m.60), Piti, De la Sierra, Robertito, Oscar, Ivan(Alberto m.46) e Varela.

ARBITRO: Juan Pampin, que amonestou a Rosquilleiro por parte visitante. Expulsou a Abel e Valeiro por unha suposta agresión mutua no minuto 44.

GOLES: 1-0 m.17 Abel realiza unha xogada individual pola banda esquerda que acaba con un tiro raso e axustado
2-0 m.57 Bertin de centro chut
3-0 m.71 Erro de Asiel ó despexar, recibe Adrian, supera a un defensa e bate ó porteiro na sua saida
4-0 m. 77 Adrian tras un centro envenenado

Desquitouse a SD da derrota da semana pasada en Malpica ante un Porteño cunha traxectoria impecable en liga que non facía presaxiar o resultado que se dou. Pero a Sd mostrouse moi firme en todas as sua liñas, contuvo á perfección os ataques do Porteño e a inspiración dos seus catro atacantes fixo o resto. Fortaleceu o Porteño de saida o centro do campo, presumindo que o futbol se desenrolaría por esta zona, pero o Sofán trasladaba rápidamente o balón as bandas onde Eloy e Abel dirixian as operacións atacantes, apoiados polos dous dianteiros, Bertin e Suso, que completaron un gran partido. Abel foi o que en un par de xogadas individuais levou o perigo nos primeiros intres. O gol do de Pastoriza asentou o xogo do equipo. O Porteño buscaba crear perigo en saques de banda e faltas laterales, pero a defensa carballesa mostrouse moi segura no xogo aereo. Bertin, incansable os 90 minutos, realizou un par de arrancadas que non acabaron en gol por pouco. Os visitantes tiveron a sua mellor ocasion nunha estratexia ben lanzada que remataron alto por pouco.

As expulsions antes do descanso afectaronlle mais o equipo visitante, pois ó ir por debaixo no marcador tivo que deixar espacios na liña defensiva e iso é mortal ante un equipo coma o Sofan. Os homes de arriba combinaron moi ben, buscando sempre os ocos a pesar do estado do terreo, e os goles foron caendo. A saida de Adrian, moi inspirado cara o gol, foi a puntilla para o Porteño, que unicamente ó final do encontro chegou algunha que outra vez á area de J.R., mais por relaxacion local que outra cousa.