lunes, diciembre 01, 2008

S.D. SOFAN 3 - XALLAS 2

Gran partido o disputado na tarde de onte no Carral sobre un encharcado terreo que propiciou un enfrentamento marcado pola forza e casta de ambos conxuntos. Tanto Xallas como Sofan demostraron o por que da sua presencia na zona alta da clasificación e ofreceron un duelo marcado polas ocasións e as alternativas no xogo. Ante uns 120 espectadores disputaronse os últimos 25 minutos con luz artificial. O inverno costeiro comenza a aparecer.

S.D. SOFAN - J.R., Diego, Gustavo, Juanjo, Gende, Mario, Abel(Berti m.83), Varela, Bertin (Marquitos m.76), Adrian (Suso m.87), e Eloy (Oscar m.82)

XALLAS - David, Ruben, Carteiro, Sergio Pose (Javier m.81), Jaime, Ricardo, Javier Amarelle, Jesus, David Pose (Jose Angel m.76) Ovidio e Alvaro.

ARBITRO: Barros Vidal, que amonestou a Abel, Varela e Eloy por parte local, e a Jesus, David Pose, Alvaro, Ruben e Carteiro polo Xallas

GOLES: 1-0 m.5 Abel recolle un disparo de Eloy e bate a David a bocajarro
1-1 m.11 Jaime de gran disparo dende a frontal
1-2 m.15 Alvaro de falta directa
2-2 m. 43 Diego de penalti
3-2 m.61 Adrian tras un gran pase en profundidade de Abel encara a David e bateo de gran tiro cruzado.

Saiu a SD tocando o balon con calidade, enlazando duas ou tres boas combinacións que xa presaxiaban o gran partido visto. Abel, coa caña de pescar disposta, cazou un tiro de Eloy e adiantou os locales. Lonxe de virse abaixo o Xallas comenzou a apretar, con un Ovidio moi movil e incisivo e con Jesus como referencia ofensiva en todas as xogadas. En 10 minutos xa remontaran o resultado e dominaban claramente o partido, gracias a sua superioridade no medio do terreo. Pero o Sofán, a falta de futbol, sacou a garra e apoiado por un publico moi bullicioso, comenzou a meter ó Xallas na sua area. Calquera saque de banda era ocasión de perigo, Adrian e Abel peleabanas todas e Bertin e Eloy poñian a calidade. Ainda así as contras do Xallas eran perigosas e J.R. tivo que salvar un man a man con David Pose. A pouco do descanso unha xogada de pillería de Abel acabou nun discutible penalti que Diego transformou sin inmutarse. 2-2 e os equipos ós vestiarios.

No segundo acto saiu a SD disposta a completar a remontada, e conseguiuno nunha contra ben montada que Adrian transformou. Foi moi protestada esta xogada por considerar que o extremo se encontraba en fora de xogo. A partir de ahi o Xallas sacou a relucir a calidade e demostrou o gran equipo que é. Ricardo mandando no medio do campo e Jesus facendo xogar ós seus compañeiros. A SD atrincherouse, sacou de casta e oficio e contivo como puido as avalanchas dos homes de Couso. Nestas surxiu a figura de J.R., que ainda lesionado e todo sacou tres mans imposibles que evitaron o empate a tiros de Alvaro, Jesus e David Pose. O acoso foi incesante pero a resistencia numantina dos locales propiciou que non se movera o marcador. Partido dos que fan aficion que deixa á SD a catro puntos do lider antes da visita á Pedra Queimada do domingo que ven.