viernes, diciembre 05, 2008

PREVIA MALPICA - S.D. SOFAN

O domingo ás 16:00 horas dispútase na Pedra Queimada un interesante Malpica - S.D.Sofan. Dous equipos que gardan unha acusada rivalidade nos últimos anos e que este ano están a ter traxectorias opostas: de un lado a SD, que ocupa o 3º lugar na taboa clasificatoria con 24 puntos, e de outro os homes de Agilda, que están penultimos con 9 puntos. Así e todo esta diferencia non influirá para nada nun choque que se presume igualado e apaixoante.

A ambos equipos úneos unha boa relación e son varios os xogadores que estarán o domingo no campo que tiveron pasado vestindo a camisola do rival: Alfredo Dominguez no Malpica, e Diego, Berti e Manolo Varela na S.D.Sofan.

A SD presentase en terras malpicáns en cuadro. Son baixa nos homes de David Baña Santi, Pizo, Christian e Carlos Tojeiro por lesión. A última hora uniuselles o meta Jose Ramon, que no choque do domingo sufriu un forte golpe na perna e non será da partida. Presumiblemente o seu substituto será Adrián, que ven de recuperarse de unha lesión no ombreiro. O dianteiro Abel tamén será baixa por sanción.

Os dous últimos anos a SD sufriu moito no campo malpicán. Na tempada 06/07 conqueriron un empate a última hora. Estas foron as alineacións:

SCD MALPICA: Toni, Xaba, Iago, Alfredo, Dieguito, Alberto Cheo, Andres, Martuxa, Dani(Carlos m.70), Medros(Quique m.75) e Charro(Alfrediño m.63).
SD SOFAN: Dani, Mutio(Pancho m.61), Gende, Varela, José, Marcos Cancela(Gustavo m.75), Pablo Vazquez(You m.82), Pizo, Carro, Eloy(Pombo m.80) e Cristian
GOLES: 1-0 M.75 Medros 1-1 Cristian m. 86

Na tempada 07/08 o resultado foi de 2-1 para o Malpica.

MALPICA: Toni, Avelino, Brais, Dieguito, Marco, Quique (Manuel m.55), Alfrediño (Alex m.90), Andres, Martuxa, Cheo e Charly (Charro m.55).
SD SOFAN: Costa, Victor, Pancho (Oscar m.65), Gende, Baneira, Pizo, Varela (Gustavo m.82), Juanjo, Berti (Cristian m.60), Bertin e Eloy(Suso m.60)
GOLES: 0-1 M. 18 Baneira 1-1 m. 57 Alfredo 2-1 m. 78 Martuxa