lunes, diciembre 08, 2008

MALPICA S.C.D. 4 S.D. SOFAN 1

Dura e contundente derrota a colleitada na tarde de onte pola SD na Pedra Queimada, nun partido marcado pola expulsión do visitante Marquitos no minuto 57 con 1-1 no marcador, pois a partires de ahí o cadro local foi superior e levouse con merecemento o triunfo. Moito e animoso publico nos graderios en tarde oscura. Alinearon os dous conxuntos a:

SCD MALPICA: Toni; Busto, Charly, Marco, (Alfredo II 82’), Quique, Andrés, Fran-Martuxa, Cheo, (Lema 81’), Charro, (Rubén 80’), Manu Pardo, (Eloy 74’), David Blanco
SD SOFAN: Adrián; Diego, Gustavo, (Óscar 43’), Juanjo, Gende, Mario, (Marquitos, 28’), Suso Docampo, (Berti 65’), Varela, Bertín, Adrián, Eloy.

ARBITRO: Souto Míguez, que amonestou a Charly, Charro, Quique, Cheo, Eloy e Manu Pardo por parte local, e a Gustavo e Bertin por parte visitante. Expulsou a Marquitos por doble amonestacion no minuto 57.

GOLES: 1-0 m.24 Charro vaise de varios defensas e de tiro cruzado marca.
1-1 m.34 Marco erra no despexe e Suso Docampo con frialdade bate a Toni
2-1 m.75 Cheo envía por alto a Charro, este peitea para atrás, recolle David Blanco e bate a Adrian no man a man.
3-1 m.78 Eloy, envía un medido pase raso sobre Charro, este desfaise en velocidade da defensa sofanísta e marca ante a saída de Adrián.
4-1 m.80 Centro de Cheo e Charro empalma ó fondo das mallas

Saiu moi entonado a Malpica, pois nos cinco primeiros minutos xa creara duas clarisimas ocasions de gol. A SD nunca encontrou o seu sitio no sintetico malpicán, pero pouco a pouco tentou de enlazar algunha contra ben levada. Suso rematou dende o borde da area e parou Toni, e pouco despois un remate de Adrian sacouno Charly na linea de gol. Tivose que retirar Mario lesionado no seu xeonllo e notouno o equipo visitante. Cheo e Charro por parte local levaban o perigo e chegou o primeiro gol da tarde. A SD refixose e o capitan Suso Docampo igualou pronto. O partido volveuse un pouco bronco e chegouse o descanso sen mais.

No segundo tempo produciuse a xogada clave do partido, a expulsion de Marquitos. Con 10 e media hora de marxe o Malpica acorralou os visitantes, movendo con fluidez a pelota, entrando ben en bandas e creando pouco a pouco ocasións. Manu lanzou elevado e David anotou o 2-1. A Sd baixou os brazos e Adrian tivo que salvar unha ocasión clarisima do propio David. Os dous últimos goles non fixeron mais que afondar na ferida visitante.