lunes, diciembre 22, 2008

S.D. SOFAN 3 C.D. BAIO 1

Aupouse a S.D. á segunda praza da clasificación xusto antes do paron invernal, tran unha traballada victoria ante o Baio, un histórico en horas baixas que acusou en demasía as ausencias. Tarde calurosa, terreo de xogo en regular estado e mais de 150 persoas nos graderíos.
S.D. SOFAN : J.R., Victor Docampo (Cristian m.66), Oscar (Diego m.45), Gende (Mario m.45), Gustavo, Juanjo, Manolo Varela (Berti m.58), Bertín, Eloy, Adrian e Suso Docampo.

C.D. BAIO : Manuel, J.Antonio, Carliños, Fredy, Diego Diaz, Sergio Suarez, Javi Capador, Victor Silvarredonda (Felipiño m.45), Renato, Mario e Fermín (Martin m.56).

COLEXIADO: Taboada Dafonte, que amonestou a Sergio Suarez, Renato, e Mario por parte visitante. Expulsou a Javi Capador por doble amonestación no minuto 83.

GOLES: 1-0 m.49 centro de Adrián ó segundo pao que saca Mario debaixo dos paos e Diego chegando en carreira escacha o balón morto no fondo da rede.
2-0 m.55 falta directa que lanza Diego e transforma
2-1 m.70 penalti que transforma Mario.
3-1 m. 90 penalti que transforma Diego completando a sua tarde triunfal.

Conocedor Chema Eiris das virtudes do equipo sofanista planteou unha tela de araña no reducido terreo do Carral que os locais non foron capaces de superar en ningún momento no primeiro acto. O ritmo imposto polos baieses foi moi alto, ainda que non chegaron a crear ocasións claras de gol. Carliños, un dos destacados, levaba a iniciativa pola banda esquerda e Mario, Capador e Sergio impoñianse no medio do campo. O partido era feo, trabado, de moita falta, e a SD solo creou perigo nun par de balons ás espaldas da defensa. A ocasión mais clara foi para Suso á saida dun corner pero o seu remate de cabeza foise alto.

Modificou as liñas o entrenador local Baña tras o descanso e dou o resultado apetecido. Nunha saida fulgurante o Sofán púxose 2-0. Diego estaba de dulce de cara ó gol. A saida de Martin no lado visitante fixo que estes pasasen a dominar o balón, tendo ó gran futbolísta como exe das operacións e lanzando continuos e perigosos pases ós dianteiros. O Baio encerrou á SD, ainda que lle foi anulado un gol a Berti por fora de xogo. Nun riguroso penalti acercouse o Baio, e pouco despois Diego Diaz tivo a ocasion do empate pero o seu magnifico remate de cabeza estrellouse na cruzeta. A partir de ahi, e coa expulsion de Javi os visitantes pareceron baixar os brazos, os locais encontraron mais ocos e Adrian sobre todo tivo un par de internadas por banda que poideron acabar en gol. O penalti xa co tempo cumprido certificou a victoria dos locais.

Destacar a reaparición de Christian e Mario, que se mostraron a bo nivel e axudarán moito nos vindeiros e apaixoantes partidos que veñen, Ponteceso - Sofan e Sofan - Muros.