viernes, diciembre 12, 2008

PREVIA S.D. SOFAN - PORTEÑO

Cérrase a primeira volta do campeonato no Carral co partido Sofán - Porteño, terceiro clasificado contra cuarto. Solo 2 puntos separan os dous equipos, e unha hipotética victoria dos sofanistas situaríaos terceiros tras quince partidos disputados, clasificación moi meritoria. Será un partido moi dificil este, pois o Porteño estase a mostrar como un equipo moi compacto e dificil de bater. A súa seguridade defensiva é alta e rentabilizan ben os goles que transforman. Enfrontanse dous dos equipos menos goleados da categoria, o Porteño con 15 e o Sofan con 17.


Chega a SD a este partido coa enfermería repleta de baixas. Ás xa consabidas de Santi e Pizo, únese a dúbida de Mario por un forte golpe no xeonllo no partido contra o Malpica. Non se poderá contar tampouco con Marquitos, expulsado o pasado domingo. Pola contra, recupérase a José Ramón baixo os paos e a Christian no lateral dereito, ainda que a presenza deste último non é segura. O que si que xogará é Abel, logo de cumplir o partido de sanción que lle correspondía.


O Porteño ten a dúbida de David Toja, renqueante estas semanas por problemas de lesións, e cumplirá sanción por acumulación de amonestacion Juan Bello, ex-xogador da S.D.Sofan.


A tempada pasada vírase un gran partido dos locales neste mesmo enfrontamento, saldado con un resultado de 4-2. Xogaran por ambos equipos:


SD SOFAN: Jose Ramon, Baneira (Pancho m. 71), Gustavo, Juanjo, Gende, Pizo, Suso Docampo, Bertin (Varela m.77), Berti (Cristian m.71), Eloy(Pombo m.73) e Adrian.
PORTEÑO: Diego, Matias, Manolito, Manuel, Roberto, Oscar (Cousillas m.56), Jemisa, Piti (José m.77) , Isma (Pablo m. 70), Juan Bello e Jose Manuel (Iago m. 62).

GOLES: 1-0 m.26 Eloy 2-0 m. 64 Adrian 3-0 m.68 Suso 4-0 m.72 Bertin 4-1 m.88 Jemisa 4-2 m.91 Juan Bello