domingo, septiembre 30, 2007

U.D. CARNOTA 0 S.D. SOFAN 3

Primeira victoria a domicilio da SD que sirve como balsamo para curar as feridas de anteriores derrotas e ó mesmo tempo é unha importante inxeccion de moral despois do dubitativo arranque do equipo. Alinearon os equipos a:

UD CARNOTA - Luis, Nico, Sergio Estevez, Berto, Eli (Castiñeira m. 46), Jorge, Pablo Beiro (Alex m.57), Martin, Cacho, Tropi e Ubaldo.
SD SOFAN - Jose Ramon, David Baneira, Victor Docampo, Juanjo, Varela (Gende m.83), Pizo, Adrian (Marcial m.77), Bertin, Berti (Pancho m.73), Eloy e Suso Docampo(Pombo m.67)

ARBITRO: Prieto Rojo, que amonestou a Cacho e Castiñeira por parte local, e a Baneira e Juanjo por parte visitante. Expulsou a Victor Docampo e Nico no m. 73 e a Marcial no m. 84

GOLES: 0-1 m. 23 internada de Adrian pola banda dereita, cede o balon a Eloy que marca de forte disparo 0-2 m. 54 Suso esquiva o fora de xogo, encara a Luis e bateo cerca da cepa do pao 0-3 m.67 Pizo de falta directa




Gran victoria da SD que con un plantexamento moi serio e un pouco de fortuna sacou tres puntos na sua visita a Mazaricos. A xogada clave do encontro foi o penalti fallado por Tropi no m. 14, pois pouco despois anotou Eloy e a partir de ahi o Sofan puxolle ó candado á sua porta. O Carnota sempre tentou de rasear a pelota, pero a SD xuntou moito as suas liñas e o vento imperante non permitiu combinacions claras. Ainda así Cacho tivo unha boa ocasion nun remate de cabeza no segundo pao. Berti tivo outra boa ocasion na porteria contraria e o colexiado anulou un gol a Suso por fora de xogo pouco antes do descanso.



No segundo tempo o partido quedou visto para sentencia co tempraneiro gol de Suso. Berti volveu a marrar un man a man con Luis, pero Pizo puxo a sentencia. A SD non pasou apenas apuros neste tramo do partido, no que o mais destacado foron as expulsions, innecesarias a todas luces. O Carnota mostrouse inoperante ante o gol a pesar de darlle bo trato ó balon, e a SD tirou de saber estar para manexar o partido con solvencia.