ALINEACIONS:
NANTON C.D. - Rizos, Miki, Victor Pereira, Felix, Sito, Isidro (Manolo m.56), Diego, Fabio (Victor Amado m.66), Luis, Serra (Marcos m.75) e Pichel (Carlos Vidal m.60)
ARBITRO: Ruben Baldomar Obellero, que amonestou a Varela e Adrian por parte local, e a Miki, Felix, Sito, Fabio e Manolo por parte visitante.
GOLES: 1-0 m. 60 Suso recibe dentro da area e resolve con maestria. 1-1 m. 73 Rechaza nun corner que empuxa Carlos Vidal libre de marca na area pequena. 2-1 m. 80 Baneira remata de cabeza nun corner anticipandose a Rizos.
Partido moi trabado no primeiro tempo, no que o Nanton se replegou moi ben e o equipo local non combinou coa rapidez suficiente para superar á defensa blanca. Comenzou dominando o Nanton, con un Luis moi participativo pero algo solo no ataque. Foi Eloy o que tivo a primeira ocasion lanzando unha falta
No segundo tempo animouse algo a cousa. Tivo Pichel un man a man con Costa que resolveu o meta salvando un gol cantado. Cando mais dominaba o Nanton chegou o gol de Suso e cambiou a decoracion do partido. Pronto empatou o Nanton e o futbol fixose algo mais bonito, con algunha xogada de calidade. Rematou Adrian con maestria, o balon rebotou no longueiro e na linea de gol antes de ser despexado pola defensa. Pouco despois Varela enganchou un dereitazo que o meta visitante sacou da mesma escadra. Pero nesa xogada chegou o 2-1. Costa sacou outra incrible man a pouco do final asegurando a victoria local, moi apretada e peleada que dará unha boa inxeccion de moral de cara ó derbi do domingo en Malpica.