miércoles, septiembre 05, 2007

CRONICA DEPORSPORT


Fixose eco no dia de hoxe o DEPORSPORT do bo inicio ligueiro da SD, ainda que percibimos un exceso de triunfalismo nas palabras do redactor Guillermo Parga. No seno do plantel sofanista estamos cos pes no chan e traballando coa humildade propia deste clube para alcanzar os maiores exitos posibles, sen poñerse ningunha meta a priori. De todas maneiras agradecemoslle a Guillermo que nos de cancha no seu medio pois as suas palabras sirven como recoñecemento ó traballo que se ven realizanzo neste clube, e aproveitamos para valorar na sua xusta medida a magnifica labor que este medio está facendo co futbol costeiro. Que siga así por moito tempo.