MALPICA: Toni, Avelino, Brais, Dieguito, Marco, Quique (Manuel m.55), Alfrediño (Alex m.90), Andres, Martuxa, Cheo e Charly (Charro m.55).
ARBITRO: Jose Manuel Grañas Martinez que amonestou a Marco, Quique e Martuxa por parte local e a Pancho, Baneiro, Gustavo e Gende este en 2 ocasions polo que foi expulsado no m.70, por parte da SD
GOLES: 0-1 M. 18 Corner botado por Pizo que Baneira remata de maneira impecable no segundo pao 1-1 m. 57 Alfredo engancha un trallazo dende fora da area tras xogada individual 2-1 m. 78 Martuxa aproveita un rexeite tras unha xogada embarullada.
Saiu a Sd ben plantado no terreo de xogo, esperando ó Malpica e entregandolle o mando do balon e lanzando perigosas contras. Nunha delas Bertin cedelle o balon a Berti que remata solo no punto de penal e Toni desvia en gran parada. Pouco despois chega o primeiro gol nunha estratexia perfectamente executada. En contra do que poderia parecer, a SD botase atras con este gol e o Malpica comenza a facer o seu habitual futbol de toque, con Cheo entrando unha e outra vez pola banda dereita. As ocasions sucedense diante da meta de Costa, pero por sorte chegase con ventaxa visitante ó descanso.