PONTECESO: Pombo, Adrian, Salva(Roberto Rios m.46), David, Mato, Miguel Martinez, Tucho, Toniño(Pablo Rama m.70), Carlos, Ruben(Bolon m.65) e Nando(Mendieta m.72).
SD SOFAN: Jose Ramon, Baneira, Gustavo, Juanjo, Varela, Pizo(Marcial m.68), Bertin, Adrian(Oscar m.68), Victor D.(Jose m.55), Berti e Suso Docampo.
ARBITRO: Mañana Castro, que amonestou a Pombo e Mendieta por parte local, e a Baneira, Gustavo e Suso por parte da SD.
GOLES: 0-1 m. 40 Falta botada por Pizo ante a que Pombo pouco pode facer 1-1 m.52 Saque de banda colgado na area que Pizo peina e introduce o balon na nosa porteria 2-1 m. 60 internada de Carliños pola esquerda e o seu balon ó segundo pao introduceo Toniño na porta.
A saida dos vestiarios dos locales foi moi boa, xogando o mellor futbol do partido, e creando diversas ocasions a base de insistencia. Carliños enviou un balon moi alto cando tiña todo ó seu favor. Este xogador foi o elemento clave, pois das suas botas partiron constantemente bos balons para os dianteiros locais, que non estiveron moi atinados na tarde de onte. En poucos minutos o Ponteceso xa remontara o partido, e eso que Jose Ramon estivo moi fino en un par de intervencions. O Sofan tentou de buscar o empate con mais corazon que cabeza e primeiro Berti a pase de Suso e logo Pizo nun gran disparo poideron empatar, pero non foi posible. O resultado mais xusto poderia ser un empate, pero a SD volve de vacio do Pinguel