domingo, septiembre 16, 2007

SD SOFAN 4 BUÑO 4

Partido de locos no Carral, con 8 goles, polemica arbitral e moitisima emocion. Boa entrada de publico en tarde de moito bochorno. Os equipos alinearon ós seguintes homes:

SD SOFAN - Costa, Victor Docampo, Gustavo, David Baneira, Varela (Oscar 64), Pizo, Adrian(Marcial m.85), Juanjo, Berti, Bertin(Suso Docampo m.64) e Eloy

BUÑO - Añon, Aitor, Manolo (Oscar m.65), Diego, Carlos, Aldao, Mario, Jorge Calvete (Emilio m.63), Victor, Juan Antelo (Richard m.55) e Neucha

ARBITRO: Rodriguez Tajes, que amonestou a Juanjo e Oscar por parte do Sofan, e a Diego, Mario, Jorge, Victor, Neucha, Richard, Emilio e Oscar por parte do Buño. Expulsou a Aldao do Buño no m.71.

GOLES: 0-1 m. 26 Tiro ó largueiro de Victor e Mario marca de cabeza no rexeite. 1-1 m. 31 Adrian rompe por velocidade á defensa do Buño, burla a Añon e marca a porta vacia 1-2 m. 39 Victor pelea un balon de cabeza, deixa o balon morto para que Jorge Calvete empalme ó fondo das mallas 2-2 m. 44 Internada de Adrian pola banda dereita, cede o balon a Berti que anota. 2-3 m. 53 Penalti inexistente que transforma Victor 3-3 m. 67 Pizo acerta a rematar un balon dentro da area moi axustada ó paro. 3-4 m.88 xogada de mala sorte de Oscar que marca na sua propia meta 4-4 m. 91 internada de Juanjo pola dereita e o seu disparo remachao Berti no segundo pao.


Partido extraño o visto en Sofan, de moita loita e pelexa pero non escesiva calidade. As dimensions do campo propiciaron un futbol moi directo con ocasions de gol constantes, sobre todo por parte local. Arrancou mellor o Buño, defendendose con seguridade e sacando perigosos contragolpes. Mario e Victor crearon moitos problemas á defensa local, e de tanto que tanto que foi o cantaro á fonte rompeuse. Co marcador en contra o Sofan tivo unha rapida reaccion e o empate de Adrian chegou de inmediato, pouco despois de que Bertin marrara unha clarisima ocasion diante de Añon. Pero nun novo despiste defensivo chegou o 1-2 e a SD tivo que volver a remar contra corrente. O gol de Berti antes do descanso foi un balsamo para a retirada ós vestiarios dos locais.

Sairon no segundo tempo moi convencidos os xogadores do Sofan das suas posibilidades, mellorando algo o xogo realizado na primeira parte, pero o colexiado sacouse da manga un penalti inexistente a Victor que o propio dianteiro transformou con moita calma. Chegou a reaccion no banquiño local e pouco despois dos cambios empatou Pizo. Neste tramo de encontro a SD dominou claramente, realizando as suas mellores xogadas, con Eloy e Adrian entrando por banda e Berti e Suso moi incisivos en ataque. Tivo o maior dos Docampo un man a man con Añon que o veterano gardameta rexeitou moi ben, e pouco despois un claro penalti a Berti foi sacado fora da area polo colexiado. Cando mais acosaba a SD chegou o mazazo do gol en propia meta, pero ainda sacaron forzas os locais para igualar o partido. Nun final de locos ainda puido gañar o Buño nun remate de Victor á saida dun corner cando o partido estaba casi finalizado.