domingo, octubre 07, 2007

SD SOFAN 4 PORTEÑO 2

Esta en racha o Sofan, e na tarde de hoxe desfixose con suficiencia do Porteño e encaramouse nos postos altos da taboa clasificatoria. Dia de calor no Carral con uns 100 espectadores nas gradas.

SD SOFAN: Jose Ramon, Baneira (Pancho m. 71), Gustavo, Juanjo, Gende, Pizo, Suso Docampo, Bertin (Varela m.77), Berti (Cristian m.71), Eloy(Pombo m.73) e Adrian.
PORTEÑO: Diego, Matias, Manolito, Manuel, Roberto, Oscar (Cousillas m.56), Jemisa, Piti (José m.77) , Isma (Pablo m. 70), Juan Bello e Jose Manuel (Iago m. 62).

ARBITRO: Montes Montes, que amonestou a Baneira e Suso por parte local, e a Matias, Roberto, Isma e Iago por parte visitante.

GOLES: 1-0 m.26 Eloy de penalti cometido sobre Berti 2-0 m. 64 xogada personal de Adrian que culmina con un dereitazo que se cola por toda a escuadra 3-0 m.68 Centro de Adrian, que Suso controla e clava nas mallas de espectacular chilena 4-0 m.72 Bertin de falta directa 4-1 m.88 Jemisa tras un rechace 4-2 m.91 Juan Bello de falta directa

Bonito partido o visto hoxe, no que se viu como a SD crece dia a dia en confianza e bo futbol, tras un inicio de liga un tanto dubitativo. Dende o pitido inicial tentou o equipo local de facerse co mando do encontro, e conseguiuno, realizando combinacions de merito no medio campo, ainda que a seguridade defensiva do Porteño non permitiu ocasions claras na sua porteria. Tivo que ser Eloy ó transformar un claro penalti a Berti quen abrira a lata e dera un pouco de tranquilidade nas filas locales. A linea defensiva da SD mostrouse inexpugnable, con un Juanjo impecable xogando de home libre, e os xogadores de calidade do mediocampo tocaban o balon case sempre con criterio. Tivo Berti unha gran ocasion tras unha boa xogada individual, pero Diego sacou unha boa man.

No segundo tempo o partido seguiu polo mesmo camiño, pero non chegaba o gol da tranquilidade. Tivo que ser Adrian, en gran xogada individual quen marcara o segundo tanto. A partir de ahi vironse os 15 mellores minutos de futbol, e caeron outros dous golazos, sobre todo o de Suso Docampo, en increible chilena e que se levou a mellor ovacion da tarde. A relaxacion local propicion que nos ultimos minutos o Porteño reducira distancias pero sen chegar a poñer en perigo o resultado.