miércoles, agosto 29, 2007

A SD COMPLETA O SEU PLANTEL

A poucos dias para o inicio do torneo ligueiro podese decir que a SD Sofan cerrou o capitulo de incorporacions. Nesta semana firmaron catro xogadores co noso equipo: Adrian, José Ramón, Marcial e Oscar.

Adrian Garcia Varela, nacido en Carballo o 03/04/87, ten polo tanto 20 anos. Pocede do Bergantiños B, no que o ano pasado anotou 8 goles en 27 partidos, sendo o maximo goleador do equipo. Levaba toda a vida no equipo rojillo, dende infantiles, e vendo que no primeiro equipo ia ter poucas oportunidades optou por tentar progresar como xogador na SD. É un xogador moi rapido e de boas aptitudes tecnicas, que se move preferentemente pola banda dereita, xa sexa de lateral ou interior.



Tras interminables negociacions parece ser que definitivamente Jose Ramon xogará na Sd esta tempada. Co obxetivo de substituir a Dani foi elexido este rapaz de Coristanco de 19 anos recien cumplidos que estivo xogando a ultima tempada no equipo xuvenil do Bergantiños en liga Galega e este veran realizou a pretempada co primeiro equipo carballes. Nacido en Suiza, comenzou a facer as suas primeiras paradas en terras helveticas, e cando chegou a Galicia enrolouse nas filas do Bergantiños, equipo no que ven destacando dende categoria cadete. É un porteiro de complexion fote cos seus 180 centimetros de altura, axil baixo paos e con un tremendo golpeo de balon.


Marcial está no mesmo caso que o anterior. Sae do equipo B do Bergantiños, co que o ano pasado tivo unha lesion grave nun partido disputado ante o Porteño. É un xogador en progresion que actua como medio defensivo.

Oscar, un rapaz de Sofan de 29 anos, deixou moi grata impresion durante a pretempada e o corpo tecnico optou por incorporalo ó equipo. A pesar de levar varios anos sen xogar mostrouse como un xogador de aceptable tecnica, sobrio nas suas funcions e que pode aportar moito ó equipo. Será a competencia de Gustavo no posto de lateral esquerdo, ainda que tamen pode actuar mais adiantado.