domingo, agosto 19, 2007

SD SOFAN 3 CABANA 0

Novo partido de pretemporada no Carral, no que a SD venceu sen demasiados apuros ó Cabana, equipo de Terceira Rexional. Golearon Eloy no primeiro tempo, e Suso Docampo e Eloy novamente no segundo. A SD mostrouse bastante apatica e non se poderan sacar demasiadas conclusions do envite.

Alineou o Sofan a Costa; Pancho, Baneira, Gende, Gustavo; Varela , Juanjo; Victor, Suso, Bertin e Eloy. No segundo tempo sairon José e Oscar.

A defensa adiantada do Cabana doulle demasiadas oportunidades á SD durante a primeira media hora, periodo no que os de Sofan practicaron o seu mellor futbol. Marraronse bastantes ocasions ata que Eloy anotou un autentico golazo. Nos ultimos minutos o Cabana apretou algo mais e chegou á porteria de Costa un par de veces.

No segundo periodo proseguiu a apatia local, salvada unicamente por algun ramalazo de bo futbol, nos que se crearon clarisimas ocasions que novamente foron marradas. De todas maneiras no periodo final Suso e Eloy anotaron dous golazos e deixaron o marcador no definitivo 3-0. Despois desta proba solo queda a do domingo que ven en Castriz antes do inicio ligueiro.