lunes, agosto 06, 2007

TROFEO DAS FESTAS DE SOFAN

Mañan martes dia 7 disputase a partir das 8 da tarde o Trofeo das Festas De Sofan, no campo do Carral. Loitarán por tan preciado galardon o equipo local e o BERGANTIÑOS CF. O conxunto dirixido por Moreira ven con todas as suas figuras: Javi Gonzalez, Adan, Dani, Borja Dorado, Bossa, Sambade e os canteirans Alex Canedo, Montesinos, Gueli ou Luisiño. Os de Chema Eiris tamen dispoñen de todo o plantel, coa dubida de Costa por unha lesion nun dedo, e polo tanto esperase o debut de José Ramon, porteiro cedido polo Bergan.

Citamos á afeccion para que acuda a animar ós seus xogadores que ben seguro se deixarán a pel no campo para darlle unha alegria e intentar gañar por vez primeira ó equipo mais representativo da comarca.