domingo, agosto 26, 2007

CASTRIZ 1 SD SOFAN 2

Rematou a pretemporada da SD de maneira inmellorable, vencendo ó Castriz, un dos equipos que a bo seguro estará na zona alta da taboa clasificatoria. A pesar das baixas coas que acudiu o equipo dou unha moi boa imaxe, e os novos xogadores demostraron calidade para aportar cousas moi positivas.

Alineou a Sd a Costa; José, Pancho, Gustavo, Oscar; Juanjo, Marcial; Adrian, Bertin, Suso Docampo e Berti. No segundo tempo sairon Cristian e Victor Docampo.

Por parte do Castriz xogaron David; Martin, Roberto, Alex, Toniño; Koeman, Jota; Mauri, Suso, Sebas e Ancho. No segundo tempo sairon os restantes xogadores de campo.

A primeira parte foi de dominio local, con un Jota moi inspirado dominando a zona media e co dianteiro Ancho moi batallador en punta. A SD tentaba de montar rapidos contragolpes, sobre todo pola banda de Adrian, que se mostrou moi participativo no seu debut, pero a defensa do Castriz, unha das mellores da liga, estivo a moi alto nivel. O gol de Sebas tras un rexeite de Costa poñia xustiza no marcador a uns minutos de insistente dominio local. Adrian tivo unha clara oportunidade pouco despois pero ó descanso chegouse con 1-0 para os locais

No segundo tempo cambiou a decoracion, un pouco propiciado polos numerosos cambios no equipo local, e o Sofan tomou as riendas do partido. Juanjo estaba en todos lados, Victor e Suso entendianse á perfeccion e Cristian peleaba todos os balons. Nunha destas un centro de Victor rematao seu irman ó fondo das mallas. Empate e volta a empezar. O Castriz non chegou nin unha sola vez á area de Costa, pois a defensa do Sofan estivo soberbia no corte e na entrega, especialmente Pancho e Oscar. A pouco do final Cristian anotou o seu habitual gol dandolle unha victoria xusta a un equipo sofanista que remata a pretemporada con un balance de 4 victorias e unha unica derrota, contra o Bergantiños no Carral. O domingo empezan os partidos de verdade, e o primeiro visitante en Sofan é un oso duro de roer, o Nanton.