sábado, agosto 04, 2007

BERGANTIÑOS JUV. 1 - SD SOFAN 4



OS TRES GOLEADORES DE HOXE

Partido xogado na calurosisima tarde de onte no campo das Eiroas, no que a SD tivo que xogar coa ausencia dos seus dous porteiros, pero ainda así non pasou apuros para conquerir un resultado satisfactorio, desarollando un futbol moi bonito sobre todo nos primeiros cuarenta e cinco minutos.

Alinearonse de salida Gustavo na porteria, Baneira, Gende, Varela e Pancho en defensa, José, Pombo, Pizo e Eloy na media e Bertin e Cristian no ataque.

Neste periodo o futbol foi moi fluido, con boas saidas por bandas, e con Pombo e Pizo dirixindo moi ben o xogo dende o centro do terreo. Bertin dou mostras da sua clase e serviu balons continuamente ós dous extremos, que se fartaron de entrar por banda, e Cristian aportou a sua habitual loita e olfato goleador na punta. José anotou o primeiro a pouco de empezar e Eloy resolveu maxistralmente unha contra iniciada por Pizo. Foille anulado un gol a Cristian e pouco despois Bertin realizou a mellor xogada do partido, sentando a un par de defensas en clavando o balon na escuadra. Con este resultado chegouse ó descanso.

No segundo acto alinearonse Pancho na porteria, Victor, Baneira, Varela, Gustavo na defensa, Jose, Juanjo, Pizo e Suso na media e Eloy e Berti no ataque. O ritmo baixou algo pola intensa calor e ainda así as ocasions foron moi claras. Os rapaces do Bergantiños mostraronse moi voluntariosos en todo momento, e a pesar do gol en propia meta encaixado non se rendiron e lograron o tanto da honra a pouco do final.

Clasico partido de pretemporada, e agora a esperar o plato forte do proximo martes no Carral, SD SOFAN-BERGANTIÑOS CF.