lunes, agosto 13, 2007

SAN LORENZO 1 SD SOFAN 2



Proclamouse a SD vencedora do Trofeo Das Festas de Verdillo ó derrotar onte pola tarde no campo das Pedreiras ó San Lorenzo, en día soleado e ante numerosisimo publico que acudiu a ver un derbi que non se producia dende fai tres anos. O encontro foi tenso, por momentos algo duro, e realmente non parecia un partido de pretemporada. O Sofan levouse o gato á auga nun moi bo segundo tempo no que remontou o gol anotado por Oscar no primeiro acto.

Alinearon os equipos a:

SAN LORENZO - Pombo, Angel, Bechi, Fran, Pedro, Manin, Manu Urbieta, Medros, Sergio Fariña, Oscar e Jesus Urbieta. Tamen xogaron Fabian, Puñal, Moreno, David, e Anxo

SD SOFAN - Costa, Pancho, Gustavo, Gende, Varela, David Baneira, Bertin, Victor, José, Eloy e Cristian. Tamen xogaron Juanjo, Suso, e Oscar

O primeiro tempo do encontro foi dominado polo equipo local, que non pasou apenas por situacions de perigo, e enlazou bos contragolpes nos que puido anotar algun tanto mais. O 1-0 chegou tras un preciso centro de Medros que Oscar rematou de cabeza ó fondo das mallas. A SD mostrabase moi imprecisa na saida de balon, errando varios pases que lle poideron costar caro. Urbieta disparou a porta con perigo un par de veces antes de que o Sofan tivera as primeiras ocasions, pero ahí estaba Pombo, polo que parece que non pasan os anos, para desviar disparos de Eloy e Cristian que levaban clara direccion a gol.

Chegouse ó descanso onde a SD recompuxo liñas, e no segundo tempo saiu un pouco mais agresiva, presionando ós homes claves do mediocampo Verdilles e levando o peso do partido. O San Lorenzo experimentou un pequeno baixon que aproveitaron os nosos para igualar o partido cun tanto de Cristian de penalty tras man cometida por Bechi. A partir de ahi os locales optaron por un futbol excesivamente directo que non levou problemas á porteria de Costa, excepto nun tiro de David que se foi lixeiramente alto. Pola contra foi a SD en un par de accions rapidas a que sembrou o panico antes de que Suso anotara na boca do gol o tanto da victoria cando faltaban 7 minutos para finalizar o encontro. Dende ese intre o San Lorenzo intentouno á desesperada pero a defensa visitante mostrouse moi segura e mantiveron o resultado no marcador.

Gran victoria do Sofan, pois facia moitos anos que non se gañaba nas Pedreiras, e supon unha inxeccion de moral moi importante de cara os proximos compromisos, sobre todo ese co Nanton que inaugurará a liga no Carral o dia 2 de setembro.