1-1, min.17: Roberto, tras un erro da defensa local;
2-1, min.47: Abel, tras gran pase de Suso;
2-2, min.49: Disparo que entre Bugy e o longueiro rexeitan, pero aproveitase Roberto para empatar novamente;
2-3, min.60: Pepe de tremendo disparo pola escadra
3-3, min.85: Santi aproveita un rexeite a disparo de Abel;
4-3, min.93: Abel remata un corner so no segundo pao.
Partido de ida e volta no primeiro tempo. Os dous equipos xogaron sen complexos e o ataque. Tras o gol inicial de Abel empatou o Castriz na seguinte xogada. Foi esta unha maxima que se repetiu ó longo do encontro, a cada golpe dos locais responderon os visitantes de inmediato. A ocasión mais clara do primeiro tempo foi un disparo visitante que repeliu o largueiro. Ambos equipos intentaron con impetu os disparos lonxanos pero sen maior acerto.
No segundo tempo mais do mesmo, locura inicial con resposta do Castriz o gol local. Co empate anulouse un gol a Suso por un fora de xogo moi discutible, tras un novo disparo o pao dos visitantes. Curiosa a xeira de tantos anulados que leva a Sd na segunda volta, nada mais e nada menos que 6 en 5 partidos. O golazo de Pepe despertou a Sd, que atacou a desesperada a ultima media hora, e o Castriz sacou perigosisimas contras. Nunha delas fallan un gol cantadisimo a porta valeira. E o que perdoa, pagao. Faltando pouco para o final Santi anotou o empate. Os ultimos intres foron non aptos para enfermos do corazon, coa Sd sacando 4 corners seguidos. Nun deles veu a resolucion final a un partido de locos.