lunes, marzo 18, 2013

S.D. SOFAN 2 - CARNOTA C.F. 0

Terceira victoria consecutiva da Sd, nun cómodo partido resolto con prontitude con dous tantos de Abel. Terreo de xogo moi blando, que non permitiu ningunha floritura ós xogadores. Antes do inicio do encontro entregouse ó capitan sofanista Juanjo un obsequio pola sua recente paternidade.

S.D. SOFAN - Dani, Cantudo - Gustavo 62´-, Lista, Juanjo, Marcos Pensado - Diego 80´-, Ivan Rojo - Jacobo 70´-, Ivan Rey, Michel, Suso Docampo, Pikas - Santi 66´- e Abel.

CARNOTA C.F. - Luis, Manolo Chouza, Pedro, Pablo, David Brea - Urko 46´-, Boni - Martin 74´-, Rodri, Beiro - Miki 88´-, Pumuky, Ivan - Buonanotte 46´- e Jacobo.

ARBITRO - Pichel CAstro, que amonestou a Cantudo, juanjo e Ivan Rey por parte local, e a Jacobo, Pedro e Martin por parte visitante.

GOLES -
1-0 5´ Balón longo que pelea Suso coa defensa e o porteiro visitante, o esferico queda solto no punto de penalti e Abel non ten dificultades para levalo ó fondo das mallas.

2-0 17´ Contra local levada por Pikas, que da un gran pase a Abel, e este cun disparo fortisimo bate a Luis de la Peña.

Saiu a Sd dominando o partido e consciente de que o campo solo posibilitaba un futbol directo, ainda que por momentos os homes do medio campo, Michel, Rojo e Rey realizaron combinacions de mérito. Os tempraneiros goles condicionaron o encontro, pois a Sd estivo moi solvente e apenas concedeu ocasións na sua porteria. Abel estivo moi fino neste inicio, e incluso marrou un man a man ante o porteiro visitante. Rojo, cunha gran xogada na que se foi de canto rival lle saiu o paso e disparou fora, e Rey, cun remate de cabeza que detivo Luis en antolóxica parada, estaban a xogar moi ben. Pikas era un puñal pola sua banda, e Suso e Abel peleabanas todas en ataque. Resultado xusto o descanso.



No inicio tivo unha clara doble ocasión a Sd, á que respondeu ben Luis, pero despois dedicouse a sestear, e o Carnota, mais con disparos lonxanos que outra cousa, inquietou algo a Dani, que respondeu moi ben a disparos de Beiro e Jacobo. Aburriu ás ovellas o treito final do encontro, e o pitido final foi un alivio para os espectadores.