lunes, marzo 11, 2013

OUTES C.F. 0 - S.D. SOFAN 1

Xusta victoria da Sd no Conchido, nun magnifico partido dos de Pablo Mallon. A solidaridade defensiva do equipo e o talento en ataque dos homes ofensivos da Sd mostrouse en toda a sua dimensión no precioso campo outeirán. Mais de 300 afeccionados viron un potente equipo impoñerse ós xogadores locais. Ainda a pesar de xogar con 10 homes durante 15 minutos, e acabar cunha liña defensiva formada por Santi, Michel, Juanjo e Marcos,  non foi quen o Outes de bater a un inspirado Bugy. Lesionouse Cantudo por parte visitante e Borja por parte local. Desexamos que a lesión de Borja se quede nun simple susto.

OUTES - Gato, Martin Lago, Chua, Arturo, Borja, Saul - Michi 70´-, Martin, Poke - Fabio 65´-, Deivi, Pesco - Migui 46´-, Quin - Elias 46´-

S.D. SOFAN - Bugy, Cantudo - Santi 31´-, Eloy Boedo, Juanjo, Marcos Pensado, Michel, Ivan Rey, Ivan Rojo, Suso Docampo, Jaboco - Pikas 65´- e Abel - Dani 94´-.

ARBITRO - Reborido, que expulsou a Eloy Boedo a un cuarto de hora da finalización.

GOL - 0-1 49´ Falta lateral que bota Michel con maestria e entre Abel e un defensa local introducen o balón na meta de Gato.

Iniciou co mando do balón a Sd o encontro. Os de Manu Roque non se esperaban un equipo con tanta personalidade, e a pesar de xogar co vento a favor no primeiro tempo replegaronse e buscaron a contra con balóns longos a Deivi, un dos seus mellores homes. Abel, que gran partido o seu, empezou a crear perigo con disparos lonxanos que puxeron en apuros iniciais o meta local. Tivo que lucirse Bugy o cuarto de hora con unha tremenda palomita a disparo de falta directa de Borja. Esta ocasión foi un espellismo, pois a calidade dos Ivans, Rey e Rojo, estaba a xenerar moito perigo, e ambos xogadores dispuxeron de ocasións para marcar. En defensa, a presencia de Eloy Boedo como central dou gran seguridade, e a parexa con Juanjo foi imbatible por arriba e por abaixo. Michel e Jacobo dirixian as operacions no medio do campo, e Suso e Abel rondaron o gol, que por verdadeira mala sorte non chegou antes do descanso.

Pero foi o inicio da segunda parte, cando a balón parado anotou a Sd. Merecido tanto, pero todavia 40 minutos por xogar, cun publico volcado co seu equipo a pesar das inclemencias metereolóxicas. Acto seguido do tanto, o mesmo Abel puido celebrar o segundo, pero Gato respondeu cun paradón ó seu remate de cabeza. Deivi tivo unha boa nunha contra pero disparou fora cando se atopaba solo ante Bugy. Saiu Pikas por Jaco, e na primeira xogada fixo unha espectacular galopada de 60 metros, pero o seu pase atras non foron quen de transformalo en gol os dianteiros sofanistas. Rojo, que estivo soberbio neste segundo tempo, dispuxo de varias ocasións de gol, pero non andivo atinado no disparo.

E chegou a expulsion de Eloy Boedo, ante a que a Sd replegou liñas, apelou o sacrificio defensivo, lanzou perigosas contras e aguantou as embestidas locais. Tras un agonico final, con Bugy portandose como un veterano os seus 19 anos, e todo o equipo xogando con un nivel de sacrificio e compañerismo altisimo, conqueriuse unha dificil e merecida victoria nun precioso partido.