2-0 60´ Xogada trenzada da sd o balon chega a Eloy Boedo preto da banda esquerda, vaise de dous rivais e falle un penalti clamoroso que Cantudo marca sen inmutarse.
3-0 76´ Centro medido de Jacobo que peina Suso para estrearse como goleador este ano.
4-0 76´ Nun corner Suso de sensacional cabezazo marca .
Saiu a Sd intentando dominar o partido e consciente do estado do terreno de xogo, ainda que o Montelouro xogou unha gran primeira parte e por momentos os homes creativos do equipo locatario, Michel, Rojo e Suso non conseguian as combinacions as que nos teñen acostumados. Tras unhas primeiras intentonas da Sd o Montelouro dou o susto da tarde tras botar un corner na que Dani, outro dia mais perfecto, fixo un autentico paradon a man cambiada, no rexeite da para o equipo visitante chegou a rematar tres veces mais pero a liña defensiva estivo implecable. Debemos destacar unha falta de Abel o borde da area e un tiro lonxano de Ivan Rojo que sairon fora por pouco. Resultado mais que xusto o que sinalaba o marcador o descanso.
Na segunda parte mais do mismo, os equipos peleabanse mais co campo que entre eles hasta que chegou a acción do primeiro gol, que fixo que a Sd despertase para dez minutos despois sentenciar o partido. Co segundo tanto local, o Montelouro baixou os brazos e os cambios realizados por Pablo Mallon, Santi e Jacobo, foron os mellores nos minutos que xogaron, lanzando o primeiro grandes centros e o segundo dando un gran criterio o xogo. Xa nos ultimos minutos tivo outra boa actuaccion Dani que salvou un man a man.
FOTOS DE E.OLVEIRA.