viernes, marzo 29, 2013

Copa da Costa. SAN LORENZO 1 - S.D. SOFAN 2

Tarde fria e de auga, tarde abonada para a épica. Uns 300 espectadores observaron como a Sd, despois dun mediocre primeiro tempo, xogaba unha gran segunda parte, igualaba a ventaxa inicial dos locais, quedaba con nove homes sobre o terreo de xogo, e cando só quedaba un alento para finalizar o encontro, eliminaba ó San Lorenzo cun golazo de falta de Jacobo que será pasto de comentarios durante moito tempo. O crack arteixan, xa case carballés, portando o brazalete de capitan dirixiuse hacia o balón con decisión no tempo de desconto, a bo seguro que pensou en Edu, Richard, Meni ou ese sofanista londinense Eloy Cabeza, e espetou o esferico na escadra ante o delirio da afección visitante. E isto era nada mais que unha rolda previa.

SAN LORENZO - Abraham, David Alvarez, Adrian Varela, Anxo, Casillero, Robin, Fuentefria, Javi Pensado, Carliños, Chucho e Palermo - Eloy 46´-

S.D. SOFAN - Bugy, Cantudo, Marcos Pensado, Lista, Gustavo, Eloy Boedo, Michel, Ivan Rey - Jacobo 72´-, Suso Docampo - Pikas 65´-, Ivan Rojo - Santi 80´- e Abel.

Foron expulsados polo bando visitante Gustavo no minuto 68´ e Abel no 78´

GOLES:
1-0 32´ Pasividade defensiva da Sd nunha contra local, Chucho plantase solo diante de Bugy e bateo de tiro cruzado.
1-1 68´ Ivan Rey internase na area e lanza un misil que entra pola escadra da meta de Abraham.
1-2 92´ Falta no borde da area local que Jacobo anota con maestria.

Pero non nos enganemos. O encontro foi feo, sin demasiada precisión por ambos bandos, e no primeiro tempo o San Lorenzo estivo mellor plantado no campo, sabedor do que tiña que facer, e aproveitando a pasividade para a loita da Sd. Chucho tivo un par de boas ocasións, e levou bastante perigo por banda dereita. El e Carliños foron os homes mais incisivos dos locais. Bugy tivo que emplearse a fondo en un par de accións que levaban marchamo de gol. Por parte da Sd, solo algun disparo lonxano de Abel, e a calidade de Ivan Rojo, daba mostras de perigo. Unha falta lanzada por Eloy Boedo que saiu a rentes do pao foi a ocasión mais clara dos visitantes. Co 1-0 chegouse ó descanso.

O segundo tempo foi outra cousa. Dende os primeiros intres a Sd estivo mais agresiva. Abel lanzou escorado cerca da escadra, e pouco despois o meta Abraham sacoulle unha boa man a un remate seu de cabeza. Lista non marcou de casualidade á saida dun corner. O gol de Ivan facia xustiza.

A partir de ahi, a locura das expulsions. Nun partido moi limpo, disputado de poder a poder con deportividade, a Sd viuse con 9 homes por duas accions infantiles dos seus xogadores, a de Abel case surreal, pois foi expulsado cando se estaba executando o seu cambio por Santi. Con 9 homes parecia tarefa imposible, pero deron un gran nivel os homes de Pablo Mallon. Apareceu a figura salvadora de Bugy facendo u paradon a disparo de falta de Fuentefria, e no tempo de desconto, o gol de Jacobo que levaba directamente á seguinte rolda á Sd.