lunes, agosto 06, 2012

PONTECESO S.D. 1 - S.D. SOFAN 2

Venceu a Sd no Pinguel o venres pasado no segundo partido de pretempada ante un conxunto local plagado de xuvenis. Os de Pablo Mallon mostraron unha moi boa cara, sobre todo no primeiro tempo, a pesar das multiples baixas que tiveron

S.D. SOFAN - Dani, Maroño, Roberto Souto, Lista, Marcos Pensado, Alberto Pensado, michel, Ivan Rey, Edu, Abel e Jacobo. Tamen xogaron Bugy, Pikas, Santi, Oscar Pardo e Gustavo.

GOLES.
0-1 27´Gran pase de Michel a Jacobo que bate o gardameta local de vaselina.
1-1 35´Alex Trigo de gran disparo dende a frontal da area.
1-2 41´Gran xogada de Edu por banda, indose de todo rival que lle saia o paso, e cede a Abel que marca a porta valeira.

De inicio a presion no centro do campo dos xogadores da Sd surtiu efecto, e tanto Michel como Pensado roubaban e abastecian de balons os catro dianteiros. Os homes de banda estiveron moi incisivos, e Edu e Abel marraron claras ocasions. O equipo mostrouse moi seguro do seu futbol en todo momento ante un conxunto moi correoso e combativo.

No segundo acto aumentou a posesion e a presion do Ponteceso, que rondou a area visitante con mais perigo, pero nas contras tanto Santi como Pikas tiveron claras ocasions de aumentar a conta. Foi moi satisfactoria esta proba para os sofanistas, que van progresando na idea de xogo que ten Pablo para o equipo.

O martes as 20.30 horas, no campo do Carral, nova proba de fogo. Visitanos o actual campeon da copa da costa, o Xallas de Santa comba, no trofeo das festas.