lunes, agosto 27, 2012

TORDOIA 0 - S.D. SOFAN 3

Rematou a pretempada para a Sd, en vistas do inicio ligueiro o proximo domingo dia 2 de setembro no campo do Carral ante o Dumbria B. E fixoo cun bo partido en Tordoia ante o equipo local, recen ascendido a 2ª autonomica. Os goles de Edu en duas ocasions e Eloy sentenciaron o encontro no segundo tempo.

S.D. SOFAN - Dani, Cantudo, Marcos Pensado, Lista, Juanjo, Boedo, Michel, Eloy, Abel, Edu e Ivan Rey. Tamen xogaron Bugy, Maroño, Santi, Berti, Jacobo, Oscar Pardo, Diego e Gustavo.

Foi esta unha proba xa cercana ó que se espera no inicio ligueiro. As baixas de Pikas, Pensado, Suso Docampo e Roberto Souto non mermaron o potencial do equipo, que tras unha primeira parte igualada, impuxose nun bo segundo tempo. O equipo local foi un serio rival no primeiro acto, presionando ben e non deixando que os xogadores da Sd tiveran claridade no movemento de balon en ningun momento. Ainda asi a defensa adiantada dos locais produxo algunha que outra ocasión, sendo as mais claras para Abel e Eloy, pero os seus remates sairon cruzados. A presencia de Juanjo da moita seguridade á zaga, e o resto de homes raiaron a bo nivel.

No segundo tempo surxiu a figura de Edu, que rubricou unha gran pretempada con dous golazos. O terceiro serviulle a Eloy, a pase de Boedo, para estrenarse na sua nova andaina na Sd. Proba positiva na que se viu un pequeno esbozo do que pode ser a Sd este ano.