Iniciou os partidos preparatorios de pretempada a Sd en Buño, enfrontandose a un dos cadros potentes de 3ª autonómica, o Cerqueda. O equipo de Pablo Mallon dou unha boa medida do que pode ser este curso e mostrouse superior ó conxunto local.
S.D. SOFAN - Bugy, Cantudo - Roberto Souto 46´-, Lista, Gustavo, Marcos Pensado, Michel, Eloy Boedo - Alberto Pensado 46´-, Abel - Ivan Rey 46´-, Edu - Maroño 46´-, David Pensado - Santi 46´- e Berti - Jacobo 46´-
GOLES:
0-1 7´ Gran xogada individual de David Pensado que tras varios recortes dispara raso e axustado ó pao e bate ó meta local.
0-2 18´ Edu de gran disparo dende a frontal.
0-3 35´ Eloy ve adiantado ó porteiro e marcalle unha falta dende case o medio do campo.
0-4 41´ Marcos Pensado de falta directa pola escadra.
A presencia de Michel no centro do campo dou moito empaque a Sd, que levou o control do balón case que en todo momento. Bugy apenas tivo que intervir excepto en un par de saques a balon parado no segundo tempo. Os sofanistas traballaron ben a presión, destacando Edu e David Pensado no primeiro tempo. No segundo acto, e cos dous equipos bastante cansados, o ritmo baixou un pouco, pero ainda así a Sd puido anotar mais tantos, pero tanto SAnti como Ivan non estiveron atinados en sendos mans a man.