lunes, agosto 20, 2012

CLUB DO MAR 0 - S.D. SOFAN 0

Moi boa imaxe a dada pola Sd no campo da Porta Santa de Paiosaco ante o potente Club do Mar de Juan Acuña. O equipo mostrouse compacto, a un bo nivel físico e discutindolle o balón por momentos ó equipo local. Debutou cos sofanistas Eloy Cabeza, de volta da súa exitosa experiencia de dous anos en Dumbria.

CLUB DO MAR - Diego, Chori, Fran Borrazas, Sergio Cives, Luis Lareo, Pablo Martinez, Manu, Jose, Damian, Pablo e Schuster. Tamen xogaron Zalo, Juan Vila, Diego e Hippy.

S.D. SOFAN - Dani, Roberto Souto, Marcos Pensado, Lista, Alberto Pensado, Eloy Boedo, Michel, Jacobo, Edu, Ivan Rey e Abel. Tamen xogaron Eloy Cabeza, Pikas, Juanjo, Oscar Pardo, Bugy, Cantudo, Santi, Maroño e Berti.

Moi seria a Sd dende o inicio , presionando ben a saida de balón dos locais, e enlazando boas contras. A banda esquerda funcionou moi ben, con Edu moi incisivo surtindo de balóns a Abel. Tivo o dianteiro a mais clara ocasion do primeiro tempo, pero tras controlar solo un balón no punto de penalti rematou fora. Schuster a saida dun corner tivo a mais clara dos locais, nun remate de cabeza a saida dun corner que parou ben Dani.

O segundo tempo seguiu con un bo nivel a pesar dos cambios, ainda que foi o tipico partido de pretempada, vironse cousas moi interesantes. A falta de precision nos metros finais impediu que se viran tantos. O Club do Mar tivo as mellores ocasions neste tempo, cunha falta de Damian que saiu fora por pouco e outro remate de cabeza do mesmo xogador que saiu alto.


Resaltar o xa reseñado debut de Eloy e a presencia do capitan Juanjo no seu primeiro partido de pretempada.