viernes, agosto 24, 2012

AT. ARTEIXO 2 - S.D. SOFAN 1

Penultima proba para a Sd a de onte a noite no campo da Ponte dos Brozos de Arteixo, ante o conxunto local adestrado por Miguel Filgueiras, un dos favoritos na 1ª autonomica. Os de Pablo Mallon deron unha boa medida das suas posibilidades e so caeron por un gol de Adriano cando o tempo esmorecia. Debutou Ivan Rojo, procedente do Bergantiños xuvenil, e o rapaz dou mostras sobradas da sua calidade.

AT. ARTEIXO - Duran, Zalo, Borja, Carlocho, Javi, Agullo, Chechu, Fran, Nano, Mario David e Quim. Tamen xogaron Josito, Adriano, Juanma, Ferreiro e Roberto.

S.D. SOFAN - Bugy, Diego, Marcos Pensado, Alberto Pensado, Lista, Michel, Eloy Boedo, Jacobo, Ivan Rey, Edu e Abel. Tamen xogaron Dani, Cantudo, Juanjo, Eloy Cabeza, Ivan Rojo, Santi, Berti e Maroño.

GOLES - 1-0 16´ gran xogada do Arteixo pola banda esquerda, o balón chega a Quim, que engancha un trallazo dende o borde da area que entra pola escadra da meta de Bugy.

1-1 62´ Pase en profundidade a Santi, este ganalle a espalda a defensa local e marca elevando o balon por encima do porteiro local.

2-1 92´ Perdida de balon na media da Sd, da que se aproveita Adriano para marcar de disparo cruzado.

Partido moi serio o xogado pola Sd. Ante un rival de categoria, con unha calidade individual no seu mediocampo moi notable, os de Mallon traballaron ben defensivamente no primeiro tempo, para crear mais perigo na continuacion. O Arteixo foi claro dominador do primeiro acto, con Fran, Agullo e Chechu levando a manija do equipo, e Mario DAvid moi activo. Este xogador estrellou un balon na cruceta na mellor ocasion local. A Sd saia en esporadicas contras, e tivo Abel un par de boas ocasions, e Ivan un disparo que se lle foi alto. A presion arteixan non permitia que a Sd tivera o balon nos seus pes moito tempo.



No segundo tempo os locais baixaron un pouco o piston, circunstancia da que se aproveitaron os xogadores sofanistas. A entrada de Eloy e Ivan Rojo doulle moito futbol o mediocampo visitante, e a velocidade de SAnti en punta foi un quebradero de cabeza para a veterana defensa local. Defensivamente a saida de Juanjo doulle un plus de agresividade ó equipo. Pena de gol no ultimo intre, pois o bo traballo dos de Mallon merecia a igualada.