lunes, marzo 02, 2009

U.D. MONTELOURO 2 - S.D. SOFAN 1

Nova e frustrante derrota a da SD no dia de onte no campo de Agra da Filgueira, ante un Montelouro que se aproveitou de dous erros defensivos dos visitantes antes do descanso e pelexou con uñas e dentes para levarse o partido ante a falta de acerto do Sofán ante a portería de Juan Carlos.

UD MONTELOURO: J.Carlos, Chema, Pedro García, Cesar, Alvaro, Pulpo, Rico (Juan 89´), Aitor (German 76´), Pepiño (Alberto 59´), Edu e Pedro Nieto (Gael 85´).

SD SOFAN: J.Ramón, Christian, Gustavo (Oscar 78´), Juanjo, Gende (Berti 46´), Pizo, Bertin, Mario, Abel, Suso Docampo e Eloy (M.Varela 76´).

ARBITRO: Sanchez Lago, que amonestou a Alvaro por parte local e a Pizo e Abel por parte visitante.

GOLES:
1-0 m.39 Erro de Pizo no despeje que aproveita Pepiño para bater de vaselina a Jose na sua salida.
2-0 m.43 Novo erro defensivo no despeje, roubo de Rico que cede a Aitor para que este marque a porta valeira
2-1 m.61 Suso Docampo recibe dentro da area, dribla a dous contrarios e bate por baixo a J.Carlos.

Foi un castigo excesivo a derrota para a SD, nun partido no que levou o peso durante a maior parte do tempo, dispuxo de ocasións claras para marcar mais de un tanto e acabou víctima dos seus propios erros. No primeiro tempo ó Montelouro costoulle entrar en xogo. Bertín recibía ben entre liñas e abastecía de balóns os dianteiros visitantes. Primeiro Suso e logo Eloy tiveron claras ocasións, sobre todo a deste último, salvada por un defensa baixo paos. Os de Louro acercábanse a balón parado, e Jose tivo que rexeitar un lanzamento de falta de Pedro Nieto. Tivo Bertin outra clarísima ocasión cando escapou dende o medio do campo solo coa pelota pero a defensa estivo rápida e inutilizaron o intento do dianteiro. Xusto despois chegou a pájara visitante e os de Nieto aproveitáronse perfectamente para poñer terra de por medio no marcador.

David Baña arriscou no descanso e situou un equipo con cinco dianteiros no campo. O dominio da SD foi total, e xa Abel nada mais sair dos vestiarios rematou unha boa xogada do ataque sofanista ó pao. Parecía que o balon non queria entrar, o Montelouro replegou liñas e cedeu a iniciativa ós visitantes, tentando montar algunha contra que decidira o partido. O perigo estaba na area de J.Carlos, e nunha desas Suso anotou o seu goliño. A SD seguiu apretando pero o gol non chegou. Reclamouse un penalti por entrada a Abel. O de Pastoriza vaciouse, correu o que non está nos escritos pero non tivo sorte de cara a gol. Nunha contra foi Edu o que a piques estivo de marcar tras driblar a J.Ramon, e faltando pouco para o final tentouno Varela cun tiro lonxano que detivo seguro o porteiro local. Non foi o dia da SD, que ve como se lle escapa un novo partido de maneira incrible.