lunes, febrero 23, 2009

S.D. SOFAN 4 - CORME C.F. 1

Confirmou a SD a recuperación no seu xogo experimentada nas duas últimas xornadas con un resultado contundente ante un Corme sempre imprevisible que se viu superado nun gran segundo tempo dos locais, no que fixeron un gran fútbol creando ocasións e divertindo á parroquia local. Algo mais de 100 espectadores no Carral en tarde soleada, presentando o terreo de xogo un bo aspecto. Alinearon os dous equipos a:


S.D. SOFAN - J.Ramón, Diego, Gustavo, Juanjo, Gende (Victor Docampo 70´), Pizo (Alex 75´), Mario, Eloy (Santi 68´), Bertin, Abel e Suso Docampo (Berti 72´).

CORME C.F. - Suso, Adolfo (Pandi 25´), Lelo, Rafa Valiña, Martin, Lentejo, Alex, Fus (Manueliño 61´), Diego (Martin Torrado 69´), Abel e Iago.

ARBITRO: Patricio Blanco, que amonestou a Diego e Abel por parte local e a Diego Bermudez por parte visitante. O visitante Adolfo retirouse con un forte golpe na cadera.

GOLES:
1-0 15´ Falta de entendemento entre o porteiro e a defensa visitante que aproveita Bertin para roubar o balon cerca da area e cederlla a Suso que marca a porta vacia.

1-1 44´ Balon á espalda da defensa polo flanco esquerdo do ataque cormelan, Iago controla axudado da man e bate a J.R. na sua saida.

2-1 62´Centro de Suso dende a esquerda e Eloy empalma unha tremenda volea coa zurda que se cola como un misil na portería visitante.

3-1 70´Saque de banda colgado na area que peina Mario superando a saida de Suso.

4-1 78´Mario lanza unha falta dende 30 metros que da no pao e o rexeite empuxao Abel a gol.


Dominio local nos primeiros intres, con un tiro inicial de Bertin que se marchou fora por pouco. Estivo inspirado o dianteiro local e del partiron as mellores xogadas neste periodo. Abel profundizou ben por banda e tivo unha clara ocasion nun man a man que detivo ben Susiño, e no posterior rexeite o extremo rojillo non estivo afortunado. O gol fixo que os locais se relaxaran, e o Corme comenzou a achegarse á area de J.R. sobre todo a balón parado. Lanzou Iago unha falta que detivo o meta local sen problemas. O pichichi da categoria aproveitouse dun erro da defensa para plantarse solo diante de J.R., pero tras driblalo mandou incriblemente o balon alto a porteria vacia. Resarciuse o xogador pouco despois anotando o gol do empate, nuns momentos de pájara local nos que o Corme levou perigo a meta sofanista.

O segundo tempo foi un monólogo da SD dende a primeira xogada, unha internada de Abel que sacou a defensa de milagro. Eloy botou un corner e Abel rematou de cabeza ó pao, e pouco despois foi o propio Eloy o que encontrou o pao nun gran remate dende o borde da area. O gol mascábase e chegou de forma preciosa nun remante de Eloy marca da casa. O acoso sofanista non disminuiu, con Mario dominando o mediocampo a placer e con Abel xogando uns magníficos minutos de fútbol. Ainda así unha xogada de Fus pola linea de fondo rematouna Diego e a piques estivo de empatar o partido. Susiño respondeu na outra area con duas boas paradas a tiros de Abel e Eloy, e chegou o terceiro gol de Mario, xusto premio o seu bo partido. Os ultimos 15 minutos foron de claro dominio local ante un Corme que baixou o nivel físico. A saida de Santi axudou nas labores combinativas e víronse xogadas realmente bonitas. Abel anotou o cuarto e ainda puido marcar un par deles mais, pero non se fixo mais sangue na ferida visitante e o marcador xa non se moveu.