lunes, marzo 16, 2009

SANTA COMBA B 2 - S.D. SOFAN 0

Xusta victoria do filial ante un Sofán que en ningún momento se adaptou ás medidas de Fontenla, ainda que dispuxo de claras ocasión que non foi capaz de transformar. Extraña actuación arbitral que perxudicou de maneira clara ó equipo visitante. Curiosamente este colexiado é o mesmo do polémico Carnota - Malpica de fai 15 días. Non se entende demasiado a designación deste "señor" para outro partido con equipos implicados no descenso, ainda que vista a actuación de onte quizais se comprenda algo mellor. O rosario de erros contra o equipo visitante comeza na primeira accion do partido cando non sinala un claro penalti a Suso Docampo. Ós 15 minutos cómese outro ó mesmo xogador por un empurron do porteiro no punto de penalti. Dubidoso foi o 1º gol do Santa Comba, en posible fora de xogo. Xa no 2º tempo inventa unha pena máxima a favor dos locais, que marra Capis. Expulsa xustamente a Gustavo por agresión pero nin lle ensina tarxeta ó xogador do Santa Comba por devolver o golpe, cando ademais xa tiña unha amarela e significaba a expulsión. No colmo do surrealismo cando o marcador ainda sinalaba 1-0 sinala unha falta ó borde da area a favor do Sofan cando aplicando a lei da ventaxa Suso Docampo se quedara solo diante do porteiro local. Por sorte nada ocorreu na saida do arbitro ós vestuarios fora dos típicos insultos dunha afección sofanista que se considerou claramente estafada polo trencilla.

SANTA COMBA B: Dani, Miguel Riveiro, Paco, Gonzalo, Dani Nieves, Matias Pazos, Diego Arnejo, Iago, Churian, Capís (Oscarín 72´), Julián.

S.D. SOFAN: J.Ramon, Victor Docampo, Diego (Oscar 84´), Juanjo, Gustavo, Pizo, Mario, M.Varela (Christian 60´), Abel, Bertin (Gende 78´) e Suso Docampo.

ARBITRO: Gonzalez Marquez, que amonestou a Gonzalo por parte local e a Diego, Mario, Abel, Suso Docampo, Gende e Christian por parte visitante. Expulsou a Gustavo no min. 76 por agresión a Gonzalo.

1-0 m. 28 Falta lateral colgada sobre a area sofanista, erra J.R. na saida e Diego Arnejo empuxa o balón a porta vacia
2-0 m.88 Nova falta que se bota dende a mesma posición que a anterior e Gonzalo peina no primeiro pao ó fondo das mallas.

Dito todo o anterior sobre a esperpéntica actuación arbitral, a verdade é que o filial foi mais equipo que o Sofan. Parece claro que os 11 homes que presentaron onte en Fontenla, de ter a oportunidade de disputar toda a tempada en boas condicións, non estarían clasificados no posto no que están. Destacaron sobremaneira o lateral Paco, o extremo Iago e o mediapunta Julian, todos eles habituais das convocatorias de Gelucho.

Levou o peso do partido o Santa Comba no primeiro tempo e anotou o primeiro gol logo das accións polémicas anteriormente referidas. Desperezouse a SD co gol recibido e ainda sen facer bo fútbol conqueriu chegar con perigo nun par de accións, sobre todo nun remate de volea de Suso o pao longueiro. Disparou Varela pouco despois por encima do marco de Diego e tivo Abel a última da primeira parte. O fútbol visitante foi malo, excesivamente directo e sen trenzar xogadas de mérito en ningún momento.

No segundo tempo abriu liñas a SD, o que propiciou as contras do filial. O pouco de comezar Capís fallou un penalti co que fora sinalada unha entrada fantasma de Mario. J.R. estivo moi acertado e detivo o balón. Suso rematou no segundo pao unha falta botada por Pizo alto por pouco, e Gustavo tivo outra boa ocasión a balón parado, respondendo Diego cunha gran parada. O filial tivo boas opción por medio de Iago e Arnejo antes do gol que sentencióu o partido, posteriormente a unha gran ocasión de Suso que non entrou de auténtico milagro.