sábado, marzo 21, 2009

XALLAS C.F. 5 - S.D. SOFAN 5

Puro espectaculo en Fontenla, con dous equipos sen problemas clasificatorios lanzados en pos do gol durante todo o partido. Dia soleado que fixo agradable a vision de un gran partido de fútbol, ainda que os adestradores non estarán moi contentos do que fixeron defensivamente os seus equipos. Alinearon ambos conxuntos a:

XALLAS CF: David, Ruben, Sergio Pose (Pepe 65´), Sergio Martinez, Carteiro, Ricardo, Jaime, Ricard, Ovidio, Jose Angel, Jesus.

S.D. SOFAN: J.R., Christian (Oscar Pardo 46´), Gustavo, Juanjo, Gende, Pizo, Victor Docampo, Bertin, Eloy, Suso Docampo e Berti(Abel 46´).

ARBITRO: Barros Vidal, que amonestou a Ricard por parte local e a Jose Ramon, Gende, Suso e Abel por parte visitante.

GOLES:
1-0 7´Ovidio recibe un pase de Jesus, encara a J.R. que rexeita o primeiro lanzamento pero non pode co segundo.
1-1 37´Bertin de penalti por mans de Ruben
2-1 39´Saque de banda que peina Jesus e Ovidio remata de maneira inapelable
2-2 44´Bertin de penalti a Juanjo
2-3 48´Tiro de Abel á escuadra que remacha Eloy baixo paos
2-4 53´Pase en profundidade de Bertin a Abel que se vai por velocidade e bate a David.
3-4 66´Ricard de tremendo trallazo dende fora da area
3-5 76´Abel gana linea de fondo en posible fora de xogo e cede a Bertin para que marque a porta valeira
4-5 82´Jose angel de falta directa
5-5 92´Ricard tras un barullo á saida dun corner

Vaia partido o visto hoxe en Santa Comba. Dende o inicio se viu a dous equipos sen complexos, xogando ben ó fútbol e creando ocasións con facilidade. Tivo a SD as duas primeiras en sendos remates de Pizo e Gende, pero foi o Xallas o que se adiantou. Tras o gol Jesus e Ovidio puideron aumentar a conta. Os dous dianteiros completaron unha gran primeira parte, creando perigo constantemente. Jesus marrou inconprensiblemente dous man a man con Jose R. O sofanista Gustavo empalmou unha gran volea á que respondeu DAvid con unha boa parada. O final do primeiro acto foi unha hemorraxia de goles que anticipaba o que ia pasar no segundo acto.

O cambio de Abel foi decisivo, pois o xogador mantivo un gran duelo con Ruben, creando moito perigo á defensa local. A Sd pronto se adiantou con dous goles no marcador, pero foi incapaz que conter o empuxe local, que a base de futbol directo, con Jesus como director de orquesta e Ricard como matador creaba perigo unha e outra vez, sobre todo a balon parado. Pizo multiplicouse no mediocampo e Bertin confirmou a sua acertada tarde de cara a gol. A SD á contra puido ampliar a renda, pero non contivo nos momentos finais o acoso local que levou a un xusto empate nun partido moi bonito para os poucos espectadores que se acercaron ó terreo xalleiro.